Catálogo

Amosando 1549 - 1560 de 2811

Boletín de actualizaciones bibliográficas en urgencias prehospitalarias nº 6, editado pola Comisión de Investigación da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Presenta as últimas novidades no campo da urxencia e a emerxencia sanitaria na atención extrahospitalaria.

Boletín de actualizaciones bibliográficas en urgencias prehospitalarias nº 6, editado pola Comisión de Investigación da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Presenta as últimas novidades no campo da urxencia e a emerxencia sanitaria na atención extrahospitalaria.

0,00 €

Publicación que actualiza o informe "Efectividad y seguridad de la electroporación irreversible en el tratamiento de los cánceres de páncreas e hígado. Revisión sistemática" publicado en 2014, no que se pretendía avaliar a efectividade e seguridade da resección tumoral mediante electroporación irreversible no tratamento do cancro de páncreas e do cancro hepático primario e metastásico, en comparación con outras técnicas ablativas e co tratamento estándar.

Boletín informativo de periodicidade bimestral elaborado pola Sección de Publicacións e Estatísticas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social. Estrutúrase en varias seccións: Actualidade, Estatísticas, Alertas e Normativa, e ten como principal obxectivo informar sobre as actuacións máis salientables da Consellería no seu ámbito competencial e a información e formación dos seus usuarios.

Libro que nos amosa a estreita relación epistolar que Xosé Neira Vilas mantivo durante anos con Valentín Paz-Andrade, ao que se lle dedicou o Día das Letras Galegas. Tamén mantivo unha intensa correspondencia con Celso Emilio Ferreiro, do que se cumpriron 100 anos do seu nacemento, e da que se extrae a fonda preocupación dos dous escritores por Galicia e a cultura galega a través das 15 cartas que se integran no texto desta obra.

0,00 €

Publicación que recolle as actividades de mobilidade que se realizaron durante o ano 2015, tanto as realizadas por mozos/as galegos noutros países coma as levadas a cabo por mozos/as de diferentes países en entidades, asociacións e institucións galegas.
O obxectivo da publicación é dar a coñecer as diferentes opcións, programas e actividades que se lles ofertan á mocidade e ás entidades de Galicia no eido da mobilidade.

Monografía dedicada á estatística descritiva da sinistralidade laboral en Galicia correspondente ao ano 2015, de acordo co tratamento estatístico dos partes de accidentes laborais e das enfermidades profesionais, notificados á autoridade laboral de Galicia e tramitados e procesados polo ISSGA, como órgano técnico en prevención de riscos laborais.

Revista de periodicidade anual que ten como obxectivo dotar o sector artesanal galego dunha canle de comunicación tanto interna -onde se dan a coñecer o traballo dos nosos artesáns e maís liñas de actuación da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño e da Dirección Xeral de Comercio-, coma externa, de cara a outros sectores de interese para a artesanía, como o turismo, a arquitectura, o deseño ou a formación.

A norma que regula a responsabilidade penal dos menores (Lei orgánica 5/2000) pon o acento nas funcións rehabilitadoras e reeducadoras máis que nas sancionadoras. Establece un catálogo de medidas de natureza sancionadora-educativa que, baseado no superior interese do menor, persegue a integración e a reinserción social dos/as menores que delinquen. Esta memoria recolle os datos estatísticos de execución relativos ao ano 2015 e preséntase dividida en seis bloques: Medidas notificadas polos xulgados de menores, Medidas en execución, Medidas pendentes de execución, Datos sobre as persoas menores que estiveron executando medidas e Actuacións no ano 2015. Acompaña á publicación un anexo cun resumo do programa de traballo remunerado e formación ocupacional de menores infractores que cumpren unha medida de internamento nun centro.