A proposta creativa da obra que presenta José Caruncho incide na idea do Courel como cosmos vital; os sentimentos e os valores son radicalmente locais e, por iso mesmo, universais. Unha selección fotográfica mostra o universo labrego do Courel.
A proposta creativa da obra que presenta José Caruncho incide na idea do Courel como cosmos vital; os sentimentos e os valores son radicalmente locais e, por iso mesmo, universais. Unha selección fotográfica mostra o universo labrego do Courel.
Obra en que se recollen e describen as características do verso e da prosa establecendo as súas diferenzas, definindo, no caso do verso, os seus elementos máis esenciais como son a rima, a medida, a estrofa... e analizando a prosa desde os seus xéneros literarios: historia, a oratoria e a narrativa. Como colofón analiza a importancia da linguaxe literaria na confección de calquera obra.
Ensaio que nos presenta os idiomas oficiais de España, a súa xénese e a súa historia, tendo en conta as diferentes invasións e pobos que nos habitaron, e como a construción, evolución e convivencia dos diferentes idiomas foron configurando as linguas que hoxe falamos e escribimos.
A obra consta de dous tomos e un DVD incluido en carpeta.
O tomo primeiro, co título A recuperación dun sitio histórico/ Historia e memoria fai un percorrido pola historia das illas, San Simón e San Antonio (situadas ao fondo da Ría de Vigo), desde a Prehistoria á Idade Contemporánea, con participación de varios autores. Dedícase un capítulo aos estudos arqueolóxicos desenvolvidos nas illas e ao establecemento e á historia arquitectónica do lazareto, e ao estudo e recordo dos feitos e persoas que viviron nas illas cando estas eran unha cadea para os presos políticos tras a guerra civil. Todo cunha ampla mostra fotográfica e de imaxes antigas das diferentes épocas das cales queda imaxe gráfica
O tomo segundo da obra, co título A recuperación dun sitio histórico/Plan director de rehabilitación afronta, tras unha presentación do arquitecto galego César Portela, o citado Plan director das illas, un mapa de ambas as dúas e un estudo individualizado por cada un dos edificios e os seus contornos, con planos e profusión de fotografías. A seguir, unha serie de colaboracións, con reportaxes fotográficas das illas, os seus contornos e espazos exteriores, das esculturas e da vexetación botánica, xunto a fermosas imaxes das illas na noite. Varios estudos e as traducións para o castelan e ó inglés.
Xúntase á obra un vídeo en formato DVD, de algo máis de 40 minutos, que recolle, con opción lingüística de galego, castelán e inglés, os temas tratados nos libros. Un repaso histórico e un estudo pormenorizado dos elementos incluídos no plan director.
Os tres volumes, incluíndo o soporte do DVD, están luxosamente editados e incluídos nunha caixa a modo de encadernación o que favorece e facilita a súa conservación.
Este manual de exercicios está deseñado para que os alumnos aprendan as nocións básicas necesarias para trasladar animais por estrada.
Esta guía ten por obxecto concienciar e espertar o interese dos profesionais cara á correcta e eficaz práctica do benestar animal nos animais de experimentación.
Monográfico sobre a variedade Albariño, cuxos caldos son hoxe recoñecidos e valorados internacionalmente.
Cartel sobre o benestar nos sacrificios domiciliarios dos porcos.
Recompilación e difusión dos datos estatísticos máis salientables dos sectores agrogandeiro, forestal e alimentario galegos
Recompilación e difusión dos datos estatísticos máis salientables dos sectores agrogandeiro, forestal e alimentario galegos.
Segunda edición ampliada de A cerdeira de orixe galega para uso forestal, na cal se inclúen novos clons experimentais de cerdeiras e o uso da cerdeira como materia prima nos oficios tradicionais.
Documento que recolle a análise de resultados do cuestionario censual sobre convivencia dirixido a toda a comunidade educativa galega, atendendo á visión de alumnado, profesorado, familias e persoal non docente, co obxectivo de ilustrar a situación da nosa comunidade nesta materia e informar da toma de decisións.