Obra coeditada pola AGADIC e Editorial Galaxia dentro da colección Biblioteca de Teatro, serie Manuais, na que o actor e director Clive Barker nos ofrece, como autor da publicación, a posibilidade de explorarmos e comprendermos os procesos polos que os intérpretes desenvolven o traballo actoral. Os xogos e actividades recollidos neste manual teñen como finalidade que calquera poersoa vinculada coa interpretación teatral poida desenvolver a súa técnica sen inhibicións nin artificios.