Catálogo

Amosando 1645 - 1656 de 2814
20,00 €

Libro-catálogo que acompañou a exposición do mesmo nome presentada en Lugo en 2006. Nel estúdase o movemento irmandiño, a sociedade galega do século XV, a arte do momento, as peregrinacións a Santiago etc., a través dos seguintes apartados: “Vida cotiá e vivencia do alén”, “Encrucillada no Atlántico”, “A gloria do Señorío”, “Tesouros e reliquias”, “Gorrións contra falcóns” e “Imaxes de peregrinación”.

9,00 €
Autor/a
Quiroga Barro
Gabriel
Entidade
Arquivo do Reino de Galicia
Lingua/s
Galego

Estudo arquivístico do fondo documental da familia Aperribay Pita da Veiga. Comprende o contexto histórico-social, a forma de entrada no arquivo e o contido da documentación. Complétase co inventario da documentación, que vai acompañado de índices cronolóxicos, alfabéticos e ilustracións.

Catálogo en galego/castelán/inglés onde se recolle a oferta de libros infantís e xuvenís producidos en Galicia durante o ano. Inclúe a descrición dos volumes, a reprodución en color das cubertas e a información editorial necesaria para identificar cada obra.

Autor/a
Varela Lema
Leonor
Autor/a
Atienza Merino
Gerardo
Autor/a
López García
Marisa
Lingua/s
Castelán

Publicación electrónica en CD, que recolle o traballo centrado en identificar e analizar os criterios e procedementos empregados para a priorización de tecnoloxías sanitarias no nivel nacional/internacional, co fin de establecer criterios universais e enfoques prácticos que poidan servir de base para o desenvolvemento dun marco de priorización para o SNS.