Informe, estudo exploratorio da trata de persoas en Galicia, elaborado no marco do Proxecto Internacional "Itineris", no que participa a Xunta de Galicia, xunto cos gobernos de Portugal e Brasil, e o ICMP como xefe de filas.

Proposta de actividades para a prevención da violencia de xénero a través das obras da exposición "Cartas de amor".
Guía informativa para as persoas voluntarias que desenvolven a súa labor no ámbito da violencia de xénero.
Estudo cualitativo e cuantitativo con perspectiva de xénero sobre a situación das mulleres no sistema de ciencia-tecnoloxía-empresa de Galicia, no que se achega información sobre as barreiras aínda existentes no acceso e na promoción das mulleres no ámbito da ciencia e da tecnoloxía galega, tanto no sector público coma no privado ao tempo que se busca a identificación sistemática das causas da desigualdade evidenciada numericamente, na procura de posibles solucións.
Libro homenaxe ao Excmo. Sr. D. Manuel Peláez Nieto.
Consulta de referencia básica para aqueles que queiran obter un coñecemento imprescindible á hora de entender e profundar no funcionamento interno da economía pública.
Esta publicación recolle parte das resolucións ditadas no ano 2010 pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU), tanto de expedientes de reposición da legalidade urbanística que se tramitan segundo o establecido na lexislación urbanística (LOUGA) como os que se tramitan na denominada liña de servidumbre de dominio público marítimo terrestre.
Carta de Servizos de nivel auditado da EGAP, que foi elaborada consonte os criterios metodolóxicos definidos no Decreto 117/2008, do 22 de maio, polo que se regulan as Cartas de Servizos da Xunta de Galicia e o Observatorio da Calidade e da Administración Electrónica de Galicia (DOG núm. 113, do xoves 12 de xuño de 2008).

Esta publicación reproduce os relatorios presentados nas Xornadas sobre demografía e desenvolvemento, claves para unha política de inversión das inercias demográficas en Galicia, organizadas pola Escola Galega de Administración Pública, os días 26, 27 e 28 de outubro de 2011, coa finalidade de achegar información sobre a situación demográfica de Galicia e sobre as posibles actuacións que desde o ámbito das políticas públicas e da sociedade civil se poidan articular sobre o particular, ademais de realizar unha análise desde a perspectiva comparada, reflexionando sobre a situación actual, con especial énfase no ámbito rural galego e ponderando as posibles liñas de actuación.
Libro homenaxe a Enrique Gómez-Reino y Carnota
Catálogo que recolle as obras presentes na exposición "As que comen silencios, as que toman a palabra", que versa sobre a arte e violencia de xénero. Selección de 14 artistas e textos explicativos que acompañan as ilustracións das obras.