Catálogo

Amosando 997 - 1008 de 1025

Memoria que con carácter anual edita a Consellería de Traballo e Benestar coas actuacións máis salientables da consellería no ano 2009. A publicación estrutúrase en tantos capítulos como ámbitos de actuación abarca a excepción do primeiro capítulo no que se analizan temas de carácter máis transversal como recursos humanos e económicos, igualdade laboral, publicacións, etc.

Este manual pretende ser un instrumento que permita formar sobre as principais habilidades, estratexias e procedementos para afrontar e manexar correctamente as situacións de coidado e para que as persoas coidadoras poidan desenvolver a súa tarefa coa mellor competencia técnica e emocional. Preténdese, así mesmo, impulsar o recoñecemento social das persoas coidadoras e posibilitar unha cualificación profesional na atención socio sanitaria a persoas en situación de dependencia.

Publicación de periodicidade anual dedicada á estatística descritiva da sinistralidade laboral en Galicia. Elabórase coa información obtida dos partes de accidentes de traballo e enfermidades profesionais notificados á autoridade laboral galega. A explotación estatística realízase clasificando os accidentes segundo o grao da lesión e outras variables como sectores de actividade, natureza da lesión, etc. Tamén se ten en conta os accidentes de traballo con baixa en xornada laboral, indicándose de xeito separado, o número de accidentes in itínere. A información agrúpase en cinco epígrafes:

Publicación anual con información estatística sobre os menores en situación de desprotección e sobre adopcións.
Define as distintas figuras legais que protexen a situación de risco e desamparo: garda, tutela e acollemento, ben sexa familiar ou residencial.
Tamén define e analiza o proceso legal das adopcións, na súa doble vertiente, nacional e internacional.
Por último, describe os programas de apoio ás persoas menores e ás súas familias levadas a cabo polos servizos especializados de protección da infancia.

Manual de prevención de riscos laborais na pesca de baixura, marisqueo e acuicultura que se divide en tres bloques. O primeiro sobre cuestións lexislativas e conceptos xerais de prevención de riscos laborais. O segundo sobre as artes da pesca, os riscos asociados e as súas posibles solucións e por último un apartado de emerxencias e primeiros auxilios.