Catálogo da exposición gastronómica sobre a tradición culinaria galega e, nalgúns casos, compartida e de interés do Norte de Portugal realizada no marco do programa europeo NORTEAR.
Catálogo da exposición gastronómica sobre a tradición culinaria galega e, nalgúns casos, compartida e de interés do Norte de Portugal realizada no marco do programa europeo NORTEAR.
O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades acolle esta obra, elaborada por catedráticos da Facultade de Química da Universidade de Santiago de Compostela, que convida os lectores interesados na historia da ciencia a afondar na vida de Antoine-Laurent Lavoisier, impulsor da química moderna e figura clave na situación sociopolítica que deu lugar á Revolución francesa. Nesta contribución abórdase a implicación de Lavoisier na política francesa de finais do século XVIII ao mesmo tempo que se analiza o seu papel na transformación da vella alquimia nunha ciencia baseada na experimentación, na precisión cuantitativa e nunha nova terminoloxía científica.
O polígrafo noiés Álvaro de las Casas foi un dos intelectuais galegos máis sobranceiros da primeira metade do século XX. Entre os seus innumerables traballos arredor da nosa cultura, salientan os dedicados á literatura de tradición oral. Neste Caderno Ramón Piñeiro recupérase, en edición facsimilar, un deses valiosos volumes centrados na literatura de transmisión oral: o Cancioneiro popular galego, un texto publicado orixinariamente na diáspora chilena en 1939 e que era ata agora de moi difícil acceso. Como limiar ao facsímile, os profesores José Luis Forneiro e Armando Requeixo dispoñen cadanseu texto introdutorio en que se dá conta da vizosa figura autorial e da peripecia vital de De las Casas.
Publicación estruturada a través da recompilación de fichas. Preséntase como un recurso de utilidade para o equipo docente encargado de poñer en marcha o Plan Proxecta, que ten como finalidade asesorar e facilitar a aprendizaxe da sexualidade por parte da nosa xuventude. Preténdese que aprendan a se coñecer, a se aceptar e a vivir a súa sexualidade dun xeito positivo e satisfactorio, e contribuír, deste xeito, ao seu pleno desenvolvemento persoal e social.
Anuario dos premios do programa Xuventude Crea 2024 que convoca a Dirección Xeral de Xuventude. Consta de notas biográficas das persoas premiadas nas 14 especialidades, así como de fotografías dos/as autores/as e das obras gañadoras.
Catálogo da exposición Voar dende Galicia. O desenvolvemento das infraestruturas aeroportuarias en Galicia, celebrada no Arquivo do Reino de Galicia no ano 2022.
O catálogo fai un percorrido polo inicios da aviación en España e en Galicia, e a configuración (proxectos, construción) dos aeroportos e aeródromos galegos. Os documentos usados corresponden na súa maior parte ao fondo documental de Francisco Iglesias Brage, conservado no Arquivo do Reino de Galicia, con algunhas pezas doutros arquivos.
O catálogo divídese en catros grandes epígrafes:
- Os primeiros pasos: nacemento e impulso do transporte aéreo, deseño de aparatos e innovación técnica.
- Os grandes proxectos: centrado nos tres grandes aeroportos. Alvedro (A Coruña), A Lavacolla (Santiago de Compostela) e Peinador (Vigo).
- Pequenos aeródromos: nesta epígrafe recóllense documentos sobre todo do aeródromo de Rozas, en Lugo, o único que segue existindo na actualidade.
- Proxectos inacabados: os casos singulares dos proxectados aeroportos de Ferrol e A Toxa (O Grove).
O bailarín e coreógrafo Manuel Cajaraville Pensado (1926-1999) fixo un traballo de recuperación do folclore galego durante a maior parte da súa vida. Unha pequena mostra desa recolleita plasmouna nun libro baixo o título de Debullando folklore, editado na Coruña en 1983. Nesta publicación recolleu parte do seu traballo etnográfico como resultado das súas viaxes polas vilas e aldeas do país e no que se inclúen contos, cancións, bailes, refráns e regueifas. Sendo este ano das nosas letras o dedicado merecidamente ás cantareiras, non se pode deixar de mencionar a estreita relación de Manuel Cajaraville coas pandeireteiras de Mens, froito da cal resultou a recuperación de melodías case esquecidas. Debullando folklore é un libro de difícil busca e non hai mellor momento que neste ano para preparar unha edición facsimilar, acompañado dunhas notas introdutorias e un anexo fotográfico do autor.
Anuario dos premios do programa Xuventude Crea 2022 que convoca a Dirección Xeral de Xuventude. Consta de notas biográficas das persoas premiadas nas 14 especialidades, así como de fotografías dos/as autores/as e das obras gañadoras.
Anuario dos premios do programa Xuventude Crea 2023 que convoca a Dirección Xeral de Xuventude. Consta de notas biográficas das persoas premiadas nas 14 especialidades, así como de fotografías dos/as autores/as e das obras gañadoras.
Este libro presenta a experiencia de creación conxunta entre artesanía e gastronomía, dous ámbitos vinculados a Galicia, á súa identidade e aos seus recursos locais, que se está a impulsar desde a Xunta de Galicia a través da iniciativa Artesanía no Prato. O proxecto nace no ano 2013 co obxectivo de establecer sinerxías entre artesanía, gastronomía e deseño, grazas á colaboración de cociñeiros que comezaron a empregar pezas da marca Artesanía de Galicia nos seus restaurantes. Ao longo destes anos, son moitos xa os profesionais da artesanía que centran unha parte da súa produción na gastronomía, traballando en conxunto con cociñeiros para a elaboración de vaixelas exclusivas e pezas personalizadas.
Neste libro preséntanse propostas fotográficas conxuntas de 15 restaurantes e 33 artesáns especializados en diferentes oficios artesanais, así como tres casos de éxito do traballo entre chefs e artesáns.
Publicación estruturada a través da recompilación de fichas. Preséntase como un recurso de utilidade para o equipo docente encargado de poñer en marcha o Plan Proxecta, que ten como finalidade asesorar e facilitar a aprendizaxe da sexualidade por parte da nosa xuventude. Preténdese que aprendan a se coñecer, a se aceptar e a vivir a súa sexualidade dun xeito positivo e satisfactorio, e contribuír, deste xeito, ao seu pleno desenvolvemento persoal e social.
Catálogo/inventario da colección de etiquetas da colección do Museo do Viño de Galicia.