Catálogo

Amosando 73 - 84 de 135
Autor/a
Cortés López
Miriam Elena
Lingua/s
Castelán
Galego

Recentemente foi localizado nos fondos do Arquivo Provincial de San Francisco de Santiago (APFS) un caderno manuscrito titulado "Algunos cortes de arquitectura", redactado por Francisco Antonio Fernández Sarela, arquitecto compostelán do século XVIII e pai dunha gran saga de artistas, á cabeza dos que se atopa Clemente Fernández Sarela. Esta obra recolle o estudo de Miriam Elena Cortés López verbo deste texto, a súa transcrición e mais a reprodución do orixinal a través de fotografías a toda cor.

12,00 €
Autor/a
Barriguín
Fr. Hipólito
Lingua/s
Castelán
Galego

No ano 1914 o padre Atanasio López publicaba o traballo máis completo sobre a vinda de san Francisco de Asís a España na revista fundada por el mesmo, "Archivo Ibero-Americano" (Revista Franciscana de Estudios Históricos). Preséntase aquí unha transcrición desa publicación e un breve estudo introdutorio sobre a figura do P. Atanasio López escrito polo padre Hipólito Barriguín.

Actas do VIII Congreso de Estudos Xacobeos, celebrado en Santiago de Compostela con motivo do ano xacobeo 2010. O volume continúa a colección científica da Xunta de Galicia, interrompida dende o ano 2005.

Este segundo volume contén, ademáis dunha breve introdución, cinco artigos de diversos especialistas que afondan, os uns, sobre a historia da protección do patrimonio cultural en Galicia ata o comezo da actividade da Xunta de Galicia, e os outros, sobre o panorama actual que a xestión deses bens presenta desde o punto de vista da Administración competente na materia.

O primeiro volume recolle as imaxes dos 103 documentos procedentes de diversos artigos seleccionados para a exposición (por motivos de espazo, finalmente só se expoñen 69) e as súas descricións, así como unha introdución e un índice alfabético (onomástico, toponímico e de materias) para a súa recuperación.

Fronda é unha publicación periódica en forma de folla voandeira coa que o Arquivo Histórico Provincial de Ourense (AHPOu) achega a un público amplo o contido dos seus fondos documentais e o contexto histórico no que estos foron producidos. Neste número (42), a partir do Regulamento do Hospital de San Roque de 1851, abórdanse os arquivos hospitalarios como fontes moi valiosas para reconstruír tanto a historia das súas institucións produtoras como a historia das actividades sociosanitarias en xeral.

Fronda é unha publicación periódica en forma voandeira coa que o Arquivo Histórico Provincial de Ourense (AHPOu) achega a un público amplo o contido dos seus fondos documentais e o contexto histórico no que estos foron producidos. Neste número (41), a partir do libro de actas da Xunta Provincial de Beneficencia do ano 1858, faise unha introdución xeral á orixe da idea de beneficencia pública, para a continuación enumerar os fondos de institucións benéficos-asistenciais que se custodian no AHPOu.

10,00 €
Autor/a
Pita García
Marina
Coautor/a
Barro Quiroga
Gabriel
Coautor/a
Rasilla Cascudo
Alfonso
Lingua/s
Castelán

Os arquivos dependentes da Xunta de Galicia reúnen un patrimonio documental moi extenso, tanto polo seu volume como polo abano temporal que comprenden, que vai desde a Alta Idade Media (século IX) ata o século XXI. O seu interese é evidente tanto desde un punto de vista informativo ou cultural como administrativo. Os arquivos son recursos de coñecemento de gran valor pero practicamente descoñecidos para a maior parte da poboación. Trátase de contribuír á difusión tanto da existencia de centros administrativos ou culturais, como a natureza, orixe e a composición dos fondos documentais que os integran, así como a función social que desenvolven. A través do seu coñecemento, o lector accederá a unha realidade case descoñecida para a maior parte da cidadanía. A guía será unha porta de entrada ao coñecemento da realidade do patrimonio documental de Galicia.

10,00 €
Autor/a
Pita García
Marina
Coautor/a
Barro Quiroga
Gabriel
Coautor/a
Rasilla Cascudo
Alfonso
Lingua/s
Galego

Os arquivos dependentes da Xunta de Galicia reúnen un patrimonio documental moi extenso, tanto polo seu volume como polo abano temporal que comprenden, que vai desde a Alta Idade Media (século IX) ata o século XXI. O seu interese é evidente tanto desde un punto de vista informativo ou cultural como administrativo. Os arquivos son recursos de coñecemento de gran valor pero practicamente descoñecidos para a maior parte da poboación. Trátase de contribuír a difundir tanto a súa existencia de centros administrativos ou culturais, como a natureza, orixe e a composición dos fondos documentais que os integran, así como a función social que desenvolven. A través do seu coñecemento, o lector accederá a unha realidade case descoñecida para a maior parte da xente. A guía será unha porta de entrada ao coñecemento da realidade do patrimonio documental de Galicia.

Estudo do profesor Henrique Monteagudo dun conxunto de composicións poéticas en galego do século XV, descubertas nas partes posteriores (verso) de diversas escrituras notariais do ano 1434. Trátase de versos escritos ou copiados probablemente por un escribán ou un axudante seu da zona de Ferrol, probablemente nos comezos do segundo terzo do século XV, que reutilizou con este fin as partes non escritas dun caderno de notas ou minutas da escribanía. É poesía galega inédita dunha época ata agora só coñecida polas copias doutras composicións feitas por copistas casteláns (Cancioneiro de Baena), que descoñecián a lingua galega e transcribiron erroneamente moitas palabras.

Fronda é unha publicación en forma de folla voandeira coa que o Arquivo Histórico Provincial de Ourense (AHPOu) achega a un público amplo o contido dos seus fondos documentais e o contexto histórico no que estos foron producidos. Neste número (37), a partir do proxecto de axardinamento do campo do Posío, faise un breve percorrido pola historia dos concellos na época contemporánea e das súas competencias como xeradores de documentación de arquivo.