San Miguel dos Agros
Guía pertencente á serie divulgativa 'Compostela Aberta', unha colección de publicacións breves sobre os monumentos máis senlleiros de Santiago. Ábrese cun breve percorrido pola historia da igrexa parroquial, e continúa co estudo da súa arquitectura, retablos, escultura, o paso procesional de Xesús camiño do Calvario, a pintura mural e a colección visitable. A guía péchase cun breve estudo do hospital e capela de San Roque.