Proceso de fibrilación auricular

Autor/a
Equipo de Traballo do Proceso de Fibrilación Auricular do CHUS
0,00 €
Sinopse

Documento no que se define paso por paso o proceso que debe seguir o diagnóstico, tratamento e seguimento de todas as persoas doentes con sospeita de fibrilación auricular na Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela.
Froito do consenso entre profesionais de sete especialidades diferentes: Cardioloxía, Medicina Interna, Neuroloxía, Urxencias, Medicina de Familia, Farmacia e Hematoloxía, o obxectivo é introducir vías, con circuítos e actividades definidos polos que o proceso discorra de xeito fluido.
A fibrilación auricular constitúe o terceiro motivo de visita á área cardiovascular da XXI de Santiago, xa que representa o 13% das consultas. É tamén un importante motivo de demanda asistencial no Servizo de Urxencias de Compostela.

Ficha técnica

Editorial
Xunta de Galicia. Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela
Santiago de Compostela
Ano de edición
2014
Edición
Lingua/s
Castelán
Galego
Colección
D: Guías, manuais, protocolos, procesos, procedementos, instrucións e normativa
Volumes
1
Encadernación
Outros
Páxinas
262
Medidas
55
21