Obra coeditada pola Agadic e Edicións Xerais de Galicia dentro da colección Biblioteca Dramática Galega, galardoada co XXI Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais, edición 2012. Isóbaras, de Gustavo Pernas Cora, é un mapa de temperaturas do noso tempo, por onde transitan oito personaxes que intentan escapar da súa rutina e aparcar os seus problemas, para se deixaren engaiolar por unha raiola de sol.