Catálogo

Amosando 1393 - 1404 de 2040

Ferramenta básica que nos proporciona información sobre todas aquelas variables que interveñen no mercado de traballo relacionadas coa área de formación. Concretamente coas ocupacións utilizadas polo sistema de información dos servizos públicos de emprego (SISPE). Así, infórmanos sobre os cursos de formación para o emprego relacionados coas ocupacións máis ofertadas, demandadas ou contratadas.

Publicación periódica mensual na que se recollen novas sobre as actuacións máis salientables da Xunta de Galicia nos eidos laboral e do benestar. Está acompañada por unha recompilación normativa de lexislación relacionada con estes ámbitos de carácater autonómico (DOG e diarios oficiais das restantes comunidades autónomas), estatal (BOE) e comunitario (DOUE).

Documento informativo que aborda conceptos e figuras de interese no ámbito da coordinación de actividades empresariais en reparación de buques pesqueiros. Tamén analiza os obxectivos e procedementos de coordinación establecidos desde os preliminares das obras ata o seu fin.

Conxunto de datos relativos aos accidentes de traballo rexistrados en Galicia no ano 2014. Trátase dun avance, previo á publicación do anuario, no que se amosan datos referidos aos partes de accidentes laborais e das enfermidades profesionais notificados á autoridade laboral de Galicia.

Publicación periódica mensual na que se recollen novas sobre as actuacións máis salientables da Xunta de Galicia nos eidos laboral e do benestar. Acompaña á publicación unha recompilación normativa de lexislación relacionada con estes ámbitos de carácater autonómico (DOG e diarios oficiais das restantes comunidades autónomas), estatal (BOE) e comunitario (DOUE)

Información na que se expoñen de maneira clara e sinxela os principais danos que poden causar os produtos químicos, cun especial fincapé na importancia de identificar correctamente os produtos e as situacións que poden xerar perigo, no papel do traballador na prevención destes riscos e en como actuar ante casos de emerxencia.

Coa publicación deste traballo, o Instituto Galego das Cualificacións persegue acadar un dos seus obxectivos prioritarios: coñecer a situación e a evolución do mercado de traballo galego nos distintos ámbitos territoriais, co fin de comprobar cales son as ocupacións máis representativas, e proporcionarlles esa información aos profesionais do emprego, da formación e da orientación laboral.