Catálogo

Amosando 865 - 876 de 993

Neste informe preséntanse os resultados dunha enquisa realizada a mulleres que participaron no Programa Galego de Detección Precoz de Cancro de Mama e posteriormente foron derivadas ás unidades de diagnóstico e tratamento dos hospitais da rede pública e centros concertados para confirmación diagnóstica. A enquisa foi realizada nos meses de maio e xuño de 2008 e os resultados preséntanse desglosados por centro.

Informe que describe o Programa Galego de Detección Precoz do Cancro de Mama,obxectivo xeral, obxectivos específicos, poboación obxectivo, proba de cribado, sistema de información, estrutura asistencial, programa de garantía de calidade e os principais resultados e indicadores do período 1992-2008.

O manual de consultoría médica telefónica é un libro de consulta dividido en dez seccións con diversos temas. Cada un deles consta dunha introdución, un interrogatorio médico telefónico coa orientación diagnóstica, unha serie de recomendacións dependendo dos síntomas que relata o paciente e as diferentes respontas que se lle ofrecen, dependendo da presunta gravidade, así como unha bibliografía.

Evaluación do porcentaxe de deteción do ganglio centinela nol cáncer de vulva e a precisión diagnóstica da proba, mediante a determinación da súa sensibilidade e do valor predictivo negativo. Determinar as complicacións que poden dar lugar a dita tecnoloxía e a aparición de recaída a longo prazo.

Proceso no que se define a actuación asistencial que deben levar a cabo os profesionais sanitarios da área de referencia do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago ante un paciente con insuficiencia cardíaca. No texto especifícase a importancia dunha atención rápida e eficar e determina paso a paso o labor de cada un dos profesionais no seu posto de traballo, Atención primaria, urxencias, Servizo de Cardioloxía, admisión.

Avaliación da efectividade dos diferentes métodos de detección de HPV E6/E7 mRNA no cribado do cáncer de cérvix. Os fins específicos son avaliar a efectividade dos métodos de detección do HPV E6/E7 mRNA en diferentes aplicacións clínicas, 1) utilización como método primario de cribado, 2) triaxe de mulleres con resultados indeterminados ou lesións intraepiteliales de baixo grado e 3) triaxe de mulleres con resultados positivos na probas de HPV DNA.