Este informe ten como obxectivo unha revisión sistemática sobre a eficacia e seguridade das diferentes técnicas láser, en comparación coa resección transuretral, no tratamento da hiperplasia benigna da próstata. Así como elaborar unha proposta de indicadores da calidade para avaliar os resultados da súa implantación na práctica clínica.