Catálogo

Amosando 1 - 3 de 3
10,00 €

Esta publicación recolle as actas do Congreso internacional Propter magnare creatus, celebrado en Santiago de Compostela os días 21, 22 e 23 de setembro de 2016.
Co obxecto de dar á gastronomía unha identidade máis sólida no ámbito cultural, levouse a cabo esta publicación enogastronómica que fortalece o interese pola gastronomía desde o punto de vista académico e científico, reunindo nun congreso investigadores que profundizaron no tema das relacións entre lingua, literatura e comida en Italia e España.
O lector atopará contribucións relevantes para descubrir o vínculo existente entre lingua común ou literaria e comida no trascurso dos séculos.

20,00 €
Autor/a
Jaureguízar
Santiago
Lingua/s
Xaponés

Libro promocional de Galicia en xaponés concibido para a súa difusión no país do sol nacente. Fai un breve percorrido polas zonas máis representativas da nosa Comunidade, polos seus monumentos, as paisaxes, etc., e inclúe un apéndice gastronómico de carácter xeral (principais produtos do país, pratos etc.)

Libro promocional do Camiño de Santiago en xaponés concibido para a súa difusión no país do sol nacente. A través das súas 120 páxinas preténdese explicar, de xeito sinxelo, o que significa o Camiño de Santiago, as súas orixes, as súas distintas variantes, o seu patrimonio cultural e espiritual, etc.