Modificación da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra incendios forestais modificada pola Lei 7/2012, de 28 de xuño, de montes de Galicia.
Modificación da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra incendios forestais modificada pola Lei 7/2012, de 28 de xuño, de montes de Galicia.
Catálogo da flora vascular
Estudo sobre a ordenación forestal en Galicia e Portugal, que se centra na análise do marco xurídico e teórico da planificación forestal.
Memoria anual de actividades do Centro de Investigacións Mariñas.
Este libro recolle os relatorios das xornadas e seminarios que se realizaron nos distintos puntos da xeografía galega, onde máis de corenta investigadores presentaron aspectos que abrangueron dende os mecanismos fundamentais da oxidación, a obtención de antioxidantes a partir de diversos produtos e subprodutos, aspectos de toxicidade.
Trátase do texto íntegro da Lei de montes de Galicia en castelá.
Panorámica completa respecto dos recursos minerais sólidos cos que conta Galicia. Abrangue desde a paisaxe e a arquitectura ata a comercialización e usos.
Publicación que recompila as Actas do Congreso O Camiño de Santiago para o século XXI. O Camiño Portugués, celebrado en Pontevedra os días 22, 23, 24 e 28 de marzo de 2007, no que participaron persoas expertas nesta ruta, profesorado universitario, responsables de asociacións de amigos do Camiño e representantes públicos e privados relacionados con esta vía en Portugal.
Publicación que recompila as Actas do Congreso O Camiño de Santiago para o século XXI. O Camiño do Sueste-Vía da Prata, celebrado en Ourense os días 24, 25, 26 e 29 de abril de 2008, no que participaron amigos do Camiño, representantes das Administracións públicas con vinculación especial coa Vía da Prata, persoas expertas nos dous itinerarios, profesorado universitario, etc.
Ambicioso proxecto, que naceu en 2003 da colaboración entre a Universidade de Santiago de Compostela e a S.A. de Xestión do Plan Xacobeo. Nel compílase toda a información dispoñible sobre a devandita catedral en época románica, froito dun importante labor de investigación. Ademais de recoller as conclusións de anteriores estudos, propóñense novas teorías sobre algúns temas que estaban un tanto esquecidos, como a reconstrución da primitiva porta norte.
Publicación que recompila as Actas do Congreso O Camiño de Santiago para o século XXI. O Camiño do Norte, celebrado en Mondoñedo e Ribadeo os días 19, 20 e 21 de febreiro e 4 de marzo de 2009, no que participaron expertos nesta ruta, profesores universitarios, representantes eclesiásticos de Galicia e das demais comunidades. Na publicación recóllense tres grandes seccións: o Camiño para os peregrinos, o patrimonio cultural e ambiental e o turismo.
Publicación que aborda temas de gran relevancia dentro do ámbito xacobeo: o Camiño público e o Camiño como ben de interese cultural, o estudo da regulación que debe aplicárselle, a ordenación urbanística do Camiño de Santiago, a súa protección e promoción, así como o réxime sancionador ante as condutas que se entenden como constitutivas de infracción contra o patrimonio.