Catálogo

Amosando 109 - 120 de 394
0,00 €
Autor/a
Varela Lema
Leonor
Autor/a
Puñal Riobóo
Janet
Autor/a
García Pérez
Lidia
Lingua/s
Castelán

O principal obxectivo é avaliar a seguridade e efectividade comparada das principais estratexias de cribado co test de ADN fetal para a detección das trisomías 21(T21), 18(T18) e 13 (T13), establecendo a validez diagnóstica (variables intermedias) e as implicacións en termos de medidas de resultado pertinentes para a muller embarazada e/ou feto. Preténdese tamén analizar os custos e as principais cuestións organizativas, éticas e sociais relacionadas coa implantación das distintas estratexias de cribado a nivel nacional.

0,00 €
Autor/a
Puñal Riobóo
Janet
Autor/a
Montes Villalba
Rodrigo Alonso
Autor/a
Mejuto Martí
Teresa
Autor/a
[et.al.].
Lingua/s
Castelán

A avaliación da magnetoterapia estática ou imanterapia realizouse dentro do Plan para a protección da saúde fronte ás pseudoterapias. A técnica, que se basea na utilización de campos magnéticos xerados por imáns ou outros dispositivos magnéticos, avaliouse na súa indicación para o tratamento da dor crónica ou aguda asociada a diversas enfermidades. Os estudos dispoñibles actualmente non demostran que a magnetoterapia sexa un tratamento eficaz para o alivio da dor, polo que non se considera adecuado o seu uso como terapia para o control da dor aguda ou crónica.

A Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, concienciada de las necesidades asistenciais das persoas con sensibilidade química múltiple, así como pola necesidade de limitar a exposición ambiental dentro do ámbito sanitario, elaborou un protocolo de atención ás persoas con sensibilidade química múltiple coa intención de diminuír, na medida do posible, os axentes ambientais que se encontran dentro dos centros sanitarios e que poidan afectar estes pacientes.

Un dos problemas máis frecuentes que atopa o colectivo dos refuxiados no sistema sanitario é o problema de comunicación provocado polo descoñecemento do idioma.
Para isto, un dos itinerarios formativos do Programa de mellora da asistencia sanitaria ás persoas refuxiadas, solicitantes e beneficiarias de protección internacional ten o obxectivo de facilitar o acceso e o coñecemento do sistema sanitario a estas persoas mediante ferramentas formativas relacionadas co desenvolvemento dalgunhas técnicas de diagnóstico, consultas con especialistas etc.
Os vídeos de accesibilidade cognitiva permiten salvar a barreira idiomática para que estas persoas poidan comprender, de forma sinxela, os pasos que se seguen nas diferentes situacións da atención sanitaria.
O vídeo para a dispensación da vacina axuda a reducir a ansiedade ou descoñecemento previos á consulta.

Folleto informativo sobre o Programa galego de detección precoz de cancro colorrectal dirixido á poboación diana do programa, homes e mulleres de 50 a 69 anos residentes en Galicia. Incorpora información sobre a importancia da detección precoz do cancro colorrectal e como participar no programa.

O contido vai dirixido a técnicos sanitarios e persoal de ONG que traballan no campo do VIH-sida, tratando o tema das novas infeccións polo virus da inmunodeficiencia humana e outras infeccións de transmisión sexual. De maneira que se informa sobre o importante cambio que se produce cando este problema sanitario se considera desde a perspectiva de infección e non de enfermidade. E así coñecemos as características actuais da epidemia destas infeccións, tanto no que se refire ás persoas afectadas como ás prácticas de risco e distribución temporoespacial.

Dentro da campaña de fomento da doazón de órganos e tecidos, os trípticos teñen unha función esencial: introducir de forma positiva a mensaxe de que a doazón de órganos e tecidos soluciona, a través dos transplantes, os males de moitos enfermos. Cada ano centos de persoas morren mentres agardan un transplante que precisan para salvar as súas vidas. Algunha desas vidas poderíase salvar se máis xente se fixese doadora. Estes trípticos vanse distribuír por centros de saúde, hospitais, asociacións de enfermos etc.

Autor/a
Ares Martínez
Ana
Autor/a
[et.al.].
Lingua/s
Castelán

O programa Femora recompila procedementos con evidencia científica para os profesionais do Sergas.
Protocolizar os coidados confórmase como instrumento de soporte para a práctica clínica. Entre as súas numerosas vantaxes cabe destacar a redución na diversidade da práctica clínica, o que propicia unha atención máis xusta e equitativa aos pacientes. Este procedemento unifica, así mesmo, criterios de actuación que serven de punto de partida para unha avaliación da calidade do proceso.

O programa "Úlceras fóra", no apartado dedicado á cidadanía, tanto pacientes como coidadores poden consultar o folleto educativo "Teño unha ferida, que debo facer?". Esta ferramenta ten como obxectivo reforzar as indicacións que os profesionais de enfermaría transmiten aos pacientes aos cales indican facerse curas no seu domicilio.