Catálogo

Amosando 97 - 108 de 394
Entidade
Galicia, Xunta. Consellería de Política Social, Dirección General de Familia, Infancia y Dinamización Demográfica, Servizo de Apoio á Familia, á Infancia e á Adolescencia
Lingua/s
Castelán

Operación estatística extraída da información facilitada polas propias persoas interesadas sobre a concesión ou renovación dos títulos de familia numerosa entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro do ano en curso. Informa tamén sobre a normativa aplicable e os requisitos que se deben cumprir para o recoñecemento da condición de familia numerosa.

Entidade
Galicia, Xunta. Consellería de Política Social Dirección General de Familia, Infancia y Dinamización Demográfica
Lingua/s
Castelán

Publicación anual con información estatística sobre menores en situación de desprotección e sobre adopcións. Define as distintas figuras legais que protexen en situación de risco e desamparo: garda, tutela e acollemento, sexa familiar ou residencial. Tamén define e analiza o proceso legal das adopcións, na súa dobre vertente: nacional e internacional. Por último, describe os programas de apoio ás persoas menores e ás súas familias levados a cabo polos servizos especializados de protección da infancia.

Autor/a
Díaz Gómez
Paula
Autor/a
Estévez Villar
Concepción
Autor/a
Fabeiro Mouriño
Mª José
Autor/a
[et.al.].
Lingua/s
Castelán

Este procedemento intégrase no programa Femora que recopila procedementos estandarizados, con evidencia científica, para os profesionais do Servizo Galego de Saúde.
A finalidade deste procedemento é describir as actividades encamiñadas a proporcionar fármacos ao paciente por vía sublingual.

Este procedemento intégrase no programa Femora, que recompila procedementos estandarizados, con evidencia científica, para os profesionais do Sergas.
Este procedemento pretende documentar as accións para a realización correcta da toma de mostra capilar para determinar a glicosa.

0,00 €

O obxectivo do informe consitiu en valorar a utilidade clínica da ablación mediante radiofrecuencia ou a selaxe mediante cianocrilato no tratamento das varices. Segundo a evidencia publicada, ambas as técnicas parecen ser seguras e reducen a sintomatoloxía asociada a esta patoloxía, cunha maioría dos pacientes tratados que se manisfestan satisfeitos cos resultados obtidos.

Autor/a
Álvarez Larrán
María
Autor/a
Fariñas Lorenzo
Begoña
Autor/a
González Formoso
Clara
Autor/a
[et. al.].
Lingua/s
Castelán

Este procedemento intégrase no programa Femora que recopila procedementos estandarizados, con evidencia científica, para os profesionais do Sergas.
Ten como finalidade describir as actividades encamiñadas a proporcionar fármacos ao paciente por vía intramuscular.

Co obxectivo de reducir as desigualdades que existen entre as comunidades autónomas sobre as enfermidades que se criban ao nacer e de garantir un acceso equitativo universal de todos os nenos que acaban de nacer, considérase prioritario revisar e actualizar o Programa de cribado neonatal do Sistema Nacional de Saúde.
Neste informe avalíase a efectividade clínica do cribado neonatal da hiperplasia suprarrenal conxénita e o seu grao de cumprimento cos requisitos imprescindibles para ser incluído no programa a nivel nacional.

Autor/a
Aguayo Lorenzo
Eva... [et al.]
Coordinador/a
Vázquez Rozas
Emilia
Lingua/s
Castelán

Este traballo ten por principal obxectivo afondar no coñecemento do senfogarismo feminino en Galicia, poñendo o foco nas mulleres. Preténdese, así mesmo, coñecer como se están a atender as súas necesidades. A mellora no coñecemento das mulleres que son atendidas polos servizos sociais, do seu perfil sociodemográfico e sociolaboral, así como dos servizos dos centros de que son usuarias e das necesidades detectadas ten por obxectivo último que as mulleres en situación de senfogarismo poidan saír da situación de exclusión social en que se atopan en Galicia.

A presente Guía Práctica de Feridas traumáticas agudas de partes brandas. Guía nº8, intégrase dentro da Colección de Guías Prácticas de Feridas do Servicio Galego de Saúde (Sergas); de acordo coas estratexias e liñas de acción promovidas a través do Programa Úlceras Fóra que coordina a Subdirección Xeral de Ordenación Asistencial e Innovación Organizativa.
Esta guía confórmase como unha síntese das mellores intervencións e prácticas preventivas ou terapéuticas dispoñibles para o coidado das persoas con feridas traumáticas agudas nas partes brandas, segundo a práctica clínica baseada na evidencia científica máis actual.