Catálogo

Amosando 1 - 12 de 17

Protocolo que é o resultado dun traballo multidisciplinar co cal se pretende a detección temperá das dificultades educativas do alumnado con discapacidade auditiva e ofrecerlle unha axeitada intervención educativa que facilite o seu éxito educativo.

Documento que recolle a resposta educativa que require o alumnado con enfermidade crónica ou que sofre lesións como resultado dun accidente, durante un período do tempo máis ou menos prolongado no cal, de ser o caso, non pode asistir ao centro educativo, de maneira que se garanta o retorno ao centro en condicións de normalidade cando as condicións de saúde o permitan. Así mesmo, inclúe as actuacións básicas en urxencias de saúde e primeiros auxilios.

Protocolo que recolle a rutina educativo-sanitaria que hai que contemplar no caso do alumnado que padece diabetes, contribuíndo a facilitar a plena integración das nenas e nenos diabéticos na comunidade educativa mediante a colaboración voluntaria do profesorado.

Este protocolo enmárcase dentro do Plan de prevención do suicidio en Galicia, en cuxa elaboración participou activamente a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, desde unha visión global, multidisciplinar e interinstitucional desta problemática.
Este modelo de actuación pretende ser un marco global orientativo que cada centro educativo poderá adaptar e contextualizar á súa realidade e características concretas para elaborar o seu plan de prevención, detección e intervención do risco suicida, que formará parte do Plan de convivencia.

Documento que establece unhas pautas que guían o proceso de atención educativa ao alumnado que, por diversas circunstancias de saúde, non pode asistir con regularidade ao centro docente en que está escolarizado por un período prolongado de tempo.

As interaccións e relacións entre iguais inciden no desenvolvemento social dos nenos e adolescentes, pero non sempre estas relacións son de carácter positivo. A existencia dos conflitos exixe de todos e, particularmente, do sistema educativo, unha aprendizaxe para o seu entendemento, a súa xestión e a súa resolución, dentro dun marco de convivencia e cultura da paz. Así, na Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa, abórdase por primeira vez no plano lexislativo o tratamento de situacións de acoso, partindo da definición destas situacións de acordo cos criterios xeralmente admitidos pola comunidade pedagóxica, e inclúe a problemática derivada do mal ou inadecuado uso das novas tecnoloxías. E, no seu artigo 30, disponse que cada centro docente incluirá un protocolo para a prevención, detección e tratamento das situacións de acoso escolar no seu plan de convivencia, que se recolle neste documento.

0,00 €

A calidade dos docentes, e polo tanto a súa formación, é un dos factores máis determinantes para a calidade dos sistemas educativos. Neste sentido, para favorecer a incorporación e permanencia de profesionais cualificados no sistema educativo parece necesario que os procesos de formación inicial, os procedementos de acceso á profesión docente e a atención á formación permanente do profesorado compartan bases centradas nunha mesma visión sobre que competencias son precisas para o mellor desenvolvemento da profesión docente. É, precisamente, nesta finalidade na que se centra primordialmente este traballo.

A escola cumpre unha función social moi importante na formación integral das persoas. Educar no respecto á diversidade afectivo-sexual forma parte inherente da formación integral da infancia, ligada a valores clave como son a igualdade, a pluralidade, a diferenza e o respecto.
Por iso, para facilitar unha resposta unánime que garanta o dereito á identidade de xénero, póñense á disposición dos centros educativos estas medidas tendentes a guiar as actuacións en materia organizativa e de resposta do sistema educativo.