Catálogo

Amosando 37 - 45 de 45
0,00 €
Autor/a
Alvarellos
Quique
Lingua/s
Castelán

Trátase dun despregable de oito corpos no que se inclúen planos da ruta, perfís, distancias quilométricas, etapas parciais, planos de lugares xacobeos, etc. Así mesmo, o apartado Mais alá do Camiño, anímanos a que cando rematemos o Camiño poidamos contemplar territorios e paisaxes, de singular beleza, un pouco afastados del.

Lingua/s
Portugués
Inglés
Castelán
Galego
Francés
Alemán

Nesta guía preséntanse todos os cámpings de Galicia cos seus datos e os servizos que ofrecen. Aparecen distribuídos por provincias e dentro de cada unha por categorías. Destácanse os que teñen o Q de Calidade con tres fotografías de cada un.

Lingua/s
Portugués
Inglés
Castelán
Galego
Francés
Alemán

Nesta guía preséntanse todos os establecementos hoteleiros, apartamentos turísticos e albergues turísticos de Galicia cos seus datos e os servizos que ofrecen. Aparecen distribuídos por provincias e dentro de cada unha por categorías. Destácanse os que teñen o Q de Calidade con tres fotografías de cada un.

Lingua/s
Portugués
Inglés
Castelán
Galego
Francés
Alemán

Nesta guía preséntanse todos os establecementos de turismo rural de Galicia con fotografía de cada un deles, os seus datos e mais os servizos que ofrece. Aparecen distribuídos por provincias e, dentro de cada unha, por categorías. Saliéntanse os que teñen o Q de Calidade. Inclúese un mapa cos principais espazos naturais e unha listaxe coas asociacións de turismo rural.​

Publicación que analiza a evolución e a situación da mocidade no actual mercado laboral galego. Este informe actualiza os datos ofrecidos na anterior publicación sobre este colectivo elaborada no ano 2007. Móstranse as evolucións nos últimos anos dos indicadores que caracterizan o mercado laboral dos traballadores menores de 30 anos: a participación laboral segundo a Enquisa de Poboación Activa, as afiliacións no sistema da Seguridade Social, o paro, contratación, nivel salarial, formación para o emprego, a mobilidade laboral e a siniestralidade laboral dos mozos galegos. Analízanse en primeiro lugar a situación e evolución demográfica deste colectivo na comunidade galega.

Este informe pretende afondar na realidade da xuventude galega no ámbito do emprego, máis concretamente achegar a información pertinente para analizar como é a súa representación nas diferentes ocupacións que conforman o actual mercado laboral. Os menores de 30 anos supoñen o 18% da poboación activa galega, é dicir, aquela que está en idade de traballar e consta como ocupada ou na procura activa dun novo emprego, pero, ao mesmo tempo, son o 34% dos demandantes parados. Esta desigualdade tan evidente dá boa conta das dificultades que a mocidade ten no acceso ao mercado de traballo e da especial vulnerabilidade que esta situación xera para este colectivo.