Ferramenta informativa para mellorar as condicións de traballo en explotacións de gando vacún de xeito que os traballadores desenvolvan as súas tarefas con seguridade e de forma saudable.
Ferramenta informativa para mellorar as condicións de traballo en explotacións de gando vacún de xeito que os traballadores desenvolvan as súas tarefas con seguridade e de forma saudable.
Documento informativo que aborda conceptos e figuras de interese no ámbito da coordinación de actividades empresariais en reparación de buques pesqueiros. Tamén analiza os obxectivos e procedementos de coordinación establecidos desde os preliminares das obras ata o seu fin.
Riscos e medidas preventivas que cómpre ter en conta para mellorar as condicións de traballo nas explotacións de gando vacún e para poder desenvolver as tarefas de xeito seguro e saudable.
Información na que se expoñen de maneira clara e sinxela os principais danos que poden causar os produtos químicos, cun especial fincapé na importancia de identificar correctamente os produtos e as situacións que poden xerar perigo, no papel do traballador na prevención destes riscos e en como actuar ante casos de emerxencia.
Documento sobre a importancia do risco químico nos salóns de peiteado, no que se indican os danos para a saúde (pel, sistema respiratorio etc.), os axentes químicos máis frecuentes, a etiquetaxe dos cosméticos e as medidas preventivas que se deben atender para evitar estes riscos.
Colección de 18 fichas que describen os principais riscos e medidas preventivas que se deben adoptar no traballo nas adegas. Inclúe riscos dos equipos de traballo, dos equipos que se desprazan, risco eléctrico, primeiros auxilios e a lexislación básica, entre outros.
Guía dirixida ás pemes galegas, para axudalas a iniciarse nos criterios de responsabilidade social, empresarial e ofrecerlles información sobre ferramentas para introducir un comportamento responsable e comunicalo aos seus grupos de interese.
Boletín elaborado polo Instituto Galego das Cualificacións con novas relacionadas co emprego e a formación, novidades editoriais, etc.
Folleto en castelán recordatorio das boas prácticas na prevención de riscos laborais na extracción de recursos específicos na pesca.
16 fichas par a prevención de riscos laborais no uso de fertilizantes: definición, etiqueta, fichas d edatos de seguridade, o traballo con fertilizante, almacenamento, epi e lexislación.
Nesta publicación defínense os praguicidas e a súa composición e clasificación. Estes analízanse desde o punto de vista da prevención de riscos laborais: avaliación de riscos, medidas preventivas, formación e información e vixilancia da saúde.
Defínense os axentes biolóxicos, indícase a súa clasificación, describe como realizar unha avaliación simplificada cando existe risco biolóxico e por último, como actuar no caso dunha traballadora embarazada que poida estar exposta a riscos de exposición aos axentes biolóxicos.