Catálogo

Amosando 61 - 72 de 116
Autor/a
ABACO IGVS
Lingua/s
Castelán

Guía electrónica en liña dirixida ás persoas con cualificación técnica de proxectistas, na que se establecen as estratexias pasivas ligadas ás variables climáticas específicas da zona onde se localice o edificio, para que se adopten no deseño, co fin de reducir as necesidades de demanda e consumo enerxético e mellorar os requisitos esixibles ata o nivel desexado. Pódese acadar o estándar de edificio case nulo (nZEB), e introduce criterios de sostibilidade no desenvolvemento dos proxectos.
A guía, malia poderse aplicar a calquera tipo de edificación de nova construción, está pensada fundamentalmente para edificios de vivendas.

Guía electrónica en liña que recolle as solucións construtivas máis frecuentes no eido da rehabilitación arquitectónica, cunha incidencia especial na sostibilidade da actuación e eficiencia enerxética.
Configúrase como unha ferramenta sinxela, que lles permita ás persoas con cualificación técnica implicadas no eido da rehabilitación:
- Adoptar as solucións de rehabilitación dos edificios, tanto nos seus elementos construtivos coma nas súas instalacións, que garantan o cumprimento e a mellora dos estándares básicos establecidos pola normativa de aplicación
- Garantir a correcta execución das solucións adoptadas para o cumprimento dos obxectivos buscados
- Determinar que solucións de rehabilitación deben de adoptar para garantir o cumprimento dos estándares esixibles en materia de aforro enerxético, ou adoptar solucións que permitan superar os ditos estándares en función da mellora que se pretenda acadar.
A conexión co visor de mapas climáticos de Galicia, desenvolvido polo IGVS no marco deste proxecto, permite adoptar as solucións máis axeitadas, de acordo coa localización específica do edificio, xa que estes mapas caracterízan todo o territorio galego en función de parámetros climatolóxicos que condicionan o comportamento dos edificios en materia de eficiencia enerxética.

12,00 €
Autor/a
Almazán
Vicente
Lingua/s
Castelán

Obra publicada no ano 1995 pola Consellería de Cultura e reeditada no ano 1998. Introdúcenos nos itinerarios históricos das peregrinacións en Dinamarca, ao tempo que estuda as pegadas do Camiño e o culto a Santiago na arte e a literatura do país. As peregrinacións a Compostela desde os países escandinavos foron o fío condutor da investigación do seu autor, o profesor, filólogo e historiador Vicente Almazán, membro do Comité Internacional de Expertos do Camiño de Santiago ata o seu falecemento, no ano 2006.

15,00 €
Lingua/s
Castelán

Catálogo da exposición do mesmo nome, celebrada na cidade de Lugo entre os meses de setembro e decembro de 2006. Ademais da relación de pezas da exposición, este libro recolle, entre outros, estudos referentes á vida do santo, a evolución do seu culto, a historia das festas de San Froilán, etc.

15,00 €
Autor/a
Celeiro
Luís
Lingua/s
Castelán

Luis Celeiro fai un percorrido pola traxectoria vital de Elías Valiña, cura do Cebreiro entre 1959 e 1989, desde onde acometeu un labor pioneiro a prol da recuperación e revalorización do Camiño de Santiago. Foi o primeiro en sinalizalo con frechas amarelas e en escribir unha tese doutoral sobre este itinerario, un estudo histórico-xurídico do Camiño presentado na Universidade Pontificia de Salamanca.

25,00 €
Lingua/s
Castelán

Libro que acompañou a exposición do mesmo nome e que se puido ver en Celanova entre os meses de setembro e decembro de 2007, co gallo do MC aniversario do nacemento de san Rosendo. A publicación recolle estudos referentes á vida do santo, así como á súa relación co Bierzo e Portugal, mostrando como herdanza de san Rosendo o patrimonio artístico do propio mosteiro de Celanova.

25,00 €

Libro que acompañou a exposición do mesmo nome e que se celebrou en Santiago de Compostela entre os meses de xullo e agosto de 2007, co gallo do MC aniversario do nacemento de san Rosendo. A publicación recolle estudos referentes á vida do célebre santo e a distintos aspectos da Europa do século X (arte, relixión, literatura, sociedade, etc.).

20,00 €

Libro que acompañou a exposición do mesmo nome e que se celebrou en Mondoñedo entre os meses de maio e xuño de 2007, co gallo do MC aniversario do nacemento de san Rosendo. A publicación recolle estudos referentes á vida do santo, a evolución do seu culto, a fundación de mosteiros, a súa influencia na vida relixiosa e política na Galicia do seu tempo, etc.

Nesta terceira entrega do proxecto “Opus monasticorum”, que acomete o estudo e investigación da arte beneditina nos Camiños de Santiago, a análise céntrase no mosteiro de San Xulián de Samos. A recompilación de artigos aborda a historia deste centro monástico e a súa repercusión na arte e na cultura. Nesta obra, a través da contribución de máis dunha ducia de expertos, analízanse polo miúdo aspectos artísticos, arquitectónicos, socioeconómicos e políticos. A publicación inclúe un CD-Rom cun apéndice documental.

20,00 €

Libro-catálogo que acompañou a exposición do mesmo nome presentada en Lugo en 2006. Nel estúdase o movemento irmandiño, a sociedade galega do século XV, a arte do momento, as peregrinacións a Santiago etc., a través dos seguintes apartados: “Vida cotiá e vivencia do alén”, “Encrucillada no Atlántico”, “A gloria do Señorío”, “Tesouros e reliquias”, “Gorrións contra falcóns” e “Imaxes de peregrinación”.

25,00 €
Revisor/a
García Blanco
María José
Tradutor/a
Moralejo
Abelardo
Tradutor/a
Torres
Casimiro
Tradutor/a
Feo
Julio
Lingua/s
Castelán

María José García Blanco é a responsable desta nova edición da tradución a castelán do Códice Calixtino, presentada en 1951 polos profesores A. Moralejo, C. Torres e J. Feo, e reeditada pola Xunta de Galicia en 1993, 1999 e 2004. A profesora García Blanco xa participara con J.J. Moralejo na revisión de 2004. Preséntase agora unha nova edición revisada e corrixida, que inclúe novos rexistros bibliográficos.