Catálogo

Amosando 253 - 263 de 263
10,00 €

Libro resumo da exposición Camiño de Paz. Mane Nobiscum Domine, que tivo lugar na catedral de Ourense no 2005, con motivo da celebración do ano dedicado polo papa Xoán Paulo II á Eucaristía. A mostra facía un percorrido pola historia e a arte de Galicia, en conexión co resto de Occidente, para evidenciar así a pegada do legado evanxélico na creatividade cultural galega, a través de pezas de ourivería, escultura, pintura, etc.

35,00 €

Libro-catálogo da exposición celebrada en Compostela no ano santo de 2004 que, ademais do catálogo de obra da mostra, recolle estudos de recoñecidos autores de España, Italia e Portugal sobre a figura do príncipe Cosme III de Médicis e a súa visita a Compostela, en 1669. A través das súas páxinas coñeceremos a España que percorre, reflectida nas magníficas acuarelas de Pier Maria Baldi, a arte florentina da época, a música, a lingua, etc.

Libro-catálogo da exposición 'Galitzia en Galicia. A arte de Cracovia e a Pequena Polonia', que nos introduce na arte polaca, con obras procedentes do Museo Nacional de Cracovia e de varios conventos e igrexas da zona. A estrutura da mostra era a que segue: arte sacra e artesanía artística (desde o Románico ata o século XVIII), cadros e esculturas (ss. XIX e XX), e obras de tres artistas de vangarda: Witkacy, Bruno Schultz e Tadeus Kantor.

Temáticas
30,00 €
Lingua/s
Castelán

Libro promocional do Xacobeo 2004, no que se fai unha pequena aproximación á figura de Santiago o Maior. Comeza por amosarnos quen é o apóstolo, para continuar coa pegada do culto xacobeo en terras de Europa, España e Portugal, e culmina cunha análise de Compostela e da súa catedral. Todo iso a través de textos de autores xa clásicos dentro do mundo xacobeo, como Vicente Almazán, Robert Plötz, etc.

20,00 €
Lingua/s
Castelán

Os fotógrafos Tono Arias, Juan Rodríguez, Tino Martínez, Vari Caramés e Xurxo Lobato ofrécennos a súa visión do Camiño de Santiago e mais da propia cidade do apóstolo nesta obra colectiva que, amais das súas instantáneas, se completa cos textos das recoñecidas escritoras Ana Romaní, Marina Mayoral, Luisa Castro e Yolanda Castaño.

60,00 €
Autor/a
García Iglesias
José Manuel
Lingua/s
Castelán

Libro de divulgación sobre o Camiño de Santiago publicado no ano santo 2004, a partir dunha idea orixinal de Albert Moré. A cuberta procede dunha obra de Antoni Tàpies creada expresamente para outra versión do libro, de gran formato, cuberta de tea e con estoxo. A dirección científica e os textos son de José Manuel García Iglesias.

28,00 €

A exposición 'O Hospital Real de Santiago de Compostela e a Hospitalidade no Camiño de Peregrinación' abriu as súas portas no Museo do Pobo Galego no verán de 2004. Tratábase de lembrar a importancia que estes centros de acollida tiveron ao longo da historia da peregrinación a Compostela, ao tempo que se conmemoraban os 500 anos da construción do Hospital Real de Santiago por parte dos Reis Católicos. Neste libro-catálogo, ademais de figurar todas as pezas que formaron parte da citada mostra, faise un estudo pormenorizado da asistencia hospitalaria e do propio Hospital Real de Santiago.

21,00 €
Entidade
Museos das Peregrinacións e de Santiago
Lingua/s
Castelán
Galego

Catálogo da exposición do mesmo título, que recolle os debuxos realizados por Alfredo González en Santiago de Compostela. Compleméntase con textos introdutorios e unha serie de poemas realizados para a ocasión por Luís González Tosar.

Temáticas
Entidade
Museos das Peregrinacións e de Santiago
Lingua/s
Inglés
Castelán
Galego

Catálogo da exposición do mesmo nome, que ten como eixe fundamental os preto de 100 debuxos que realizou o humorista gráfico Alfredo González ao longo do Camiño de Santiago. Complétase coas súas notas de viaxe, así como con varios textos realizados por amigos sobre a súa personalidade. O catálogo publícase en tres idiomas: galego, castelán e inglés.

Temáticas
14,00 €
Fotógrafo/a
Lorrio
Félix
Lingua/s
Castelán
Galego

Catálogo que conta cunha presentación institucional do director xeral do Patrimonio Cultural e tres artigos en lingua galega -traducidos para o castelán na parte final da obra-, que falan da historia da pesca da balea en Galicia e das fotografías de Félix Lorrio. Nestas amósase o que era o traballo cotián na factoría baleeira dos Massó en Cangas a principios dos oitenta e nas vésperas da moratoria que impediu a súa caza.

Temáticas