Documento no que se explica o uso axeitado dos dispositivos de salvamento e supervivencia en embarcacións de pesca.
Documento no que se explica o uso axeitado dos dispositivos de salvamento e supervivencia en embarcacións de pesca.
Traballo que procura nos documentos notariais, nos preitos e noutras fontes a verdadeira faciana daquel século crítico. Unha viaxe polo "sistema pesqueiro", a regulación da pesca, a producción e a comercialización da época.
Esta obra constitúe unha das máis importantes das que ata agora se conta sobre a historia da pesca galega.
Edición actualizada da guía do conxunto patrimonial do Museo e o Castro de Viladonga, elaborada polos servizos técnicos do Museo baixo a dirección do centro, estruturada en catro capítulos que se corresponden coas salas de exposción permanente; feita nos dous idiomas oficiais de Galicia e acompañada dos textos en alemán, francés e inglés. Ademais de destinarse á venda ao público, a publicación servirá para os intercambios bibliográficos que estableceu o Museo con institucións similares, o que supón un notable incremento da súa biblioteca auxiliar especializada.
Obra que resume o proceso de romanización en Bueu e contextualízaa na península do Morrazo e na Galaecia romana. A base para iso son as escavacións realizadas nesa localidade hai uns anos dunha factoría de salgaduras e uns fornos romanos. Os datos extraídos e os materiais arqueolóxicos permiten engarzar cunha parte importante do discurso do Museo Massó cuxa orixe se encontra nunhas fábricas de conservas contemporáneas. Publicación ilustrada con fotografías, debuxos e mapas con carácter divulgativo.
Catálogo en galego da exposición A Coruña. A cidade na arte, que contén dous artigos relacionados cos contidos da exposición, xunto coa relación catalográfica de cerca de 140 obras; engádese ao final a tradución ao castelán.
Publicación na que se recollen os principais riscos relacionados co traballo en peixarías, xunto coas principais medidas que se recomenda adoptar para prevenirlos.
Tese de doutoramento de Staffan Mörling -profesor da Universidade de Lund (Suecia)- que complementa e amplía o estudo das condicións de creación e de mantemento ou desaparición das dúas embarcacións máis significativas en Galicia, a dorna e a lancha xeiteira.
Publicación estruturada en fichas que nos informan dos principais equipos de traballo instalados nos buques de pesca, os requisitos comúns de seguridade, as obrigas do empresario e traballadores e referencias de normativa e lexislación.
Dicionario ilustrado, descritivo, valorado, numérico e estatístico das artes, aparellos e instrumentos que se usan para a pesca marítima en toda España.
Cartel divulgativo sobre a importancia da utilización do chaleco salvavidas: motivos para utilizalo, uso axeitado, colocación, utilización en cuberta, almacenamento e mantemento.
Edición da reprodución facsimilar do exemplar conservado no ARG da Reseña de la Causa formada en el juzgado de Allariz distrito de La Coruña contra Manuel Blanco Romasanta, el hombre lobo, por varios asesinatos... publicada en 1859, xunto coa copia dixital do expediente xudicial orixinal que figura no Arquivo do Reino de Galicia.
A obra consta dun volume coa reprodución da Reseña e os estudos, e un CD coa copia da causa criminal.
Con motivo das últimas intervencións realizadas no monumento de Santa Eulalia de Bóveda, decídese facer esta publicación, na que se recolle un estudo historiográfico de Enrique Montenegro, os resultados da lectura de parametros e o levantamento topográfico da arqueóloga Rebeca Blanco-Rotea, no que se establecen as distintas fases de construción do edificio, o estudo das pinturas realizado pola restauradora Rosa Benavides e, por último, a intervención arquitectónica de César Portela no monumento e no seu contorno.