Catálogo

Amosando 493 - 504 de 649

Formato libro en papel e formato electrónico en pdf para poñer na web do Sergas co obxectivo de rexistrar información clínica antecedentes médicos persoais e familiares, antecedentes obstétricos, datos dos controis prenatais do actual embarazo e probas complementarias, atención ao parto e posparto co fin de que a muller posúa un documento con toda a información de interese sobre a súa xestación que lle permita ser atendida en calquera centro ante calquera urxencia pero tamén facilita a comunicación entre os distintos profesionais que atenden á muller durante o embarazo e parto. O documento leva unha segunda parte que contén información sanitaria de interese para a muller tanto sobre o embarazo, parto e puerperio como sobre a crianza, lactación materna e enlaces para ampliar a información e lograr mellorar a saúde perinatal. O nº de partos nos hospitais públicos do Servizo Galego de Saúde no 2011 foi de case 19.000 por iso se pretende realizar unha tirada de 20.000 exemplares por ano.

Publicación que recolle a actividade da oficina e dos hospitais galegos referida a doazón e transplante tanto de órganos como de tecidos. Tamén recolle os datos do programa de garantía de calidade na doazón e transplante e detállanse os centros autorizados para extracción e o implante de órganos e tecidos e os establecementos de tecidos. En canto á Oficina descríbense as actividades desenvolvidas pola mesma así como os obxectivos para o vindeiro ano.

Informe anual ampliaitivo das características dos casos de tuberculose rexistrados en Galicia no ano 2010, facendo tamén referencia á evolución desde o ano 1996 (1º ano avaliado desde a posta en marcha do Programa galego de prevención e control da tuberculose)

O obxectivo do presente informe é avaliar a afectividade e seguridade da adsorción directa por hemoperfusión e a inmunoadsorción, como tratamento coadxuvantes da hipercolestorolemia familiar, estudando o seu efecto a corto prazo sobre os niveis plasmáticos de lipoproteínas e a longo prazo sobre a evolución da enfermidade cardiovascular.

Publicación en castelán para colgar, en formato PDF, na web da Consellería de Sanidade. Vai dirixida a técnicos e ONG que traballan no campo do VIH-sida, sobre as novas infeccións polo virus da inmunodeficiencia humana. De maneira que se informa sobre o importante cambio que se produce cando a problemática considérase desde a perspectiva da infección e non da enfermidade. E así coñecemos as características actuais da epidemia, tanto no que se refire ás persoas afectadas, prácticas de risco e distribución temporoespacial.

O obxecto do documento foi avaliar a través dunha revisión sistemática a efectividade do ReWalkTM na recuperación da marcha e bipedestación, reducción de complicacións asociadas á inmovilidade e mellora da calidade de vida en persoas con paraplexia. Este informe ten unhas características especiais na edición porque responde aos requisitos da edición do Plan de Calidade para o SNS 2010, aprobado en Consello Coordinador de Publicacións da Xunta de Galicia, con data de 29 de xuño de 2010.

O obxectivo desta guía é mellorar a atención sanitaria prestada aos doentes con conduta suicida, ofrecendo recomendacións para os prefesionais sobre a súa evaluación e tratamento e aportando información especificamente elaborada para os doentes, familiares e achegados implicados.

O informe describe o Programa galego para a detección da xordeira en período neonatal, obxectivo xeral, obxectivos específicos, población obxectivo, proba de cribado, estrutura organizativa e procedementos. Así como os resultados do mesmo no período 2002-2010.

O informe describe o Programa galego paraa detección precoz de enfermidades endócrinas e metabólicas en período neonatal, obxectivos, características do programa, estrutura organizativa e sistemas de información e indicadores. Así como os resultados do mesmo período 1995-2010.

O obxectivo do informe é avaliar a seguridade e eficacia dos stent biorreabsorbibles (bioabsorbable vascular scalffold, BVS) no tratamento de lesións coronarias de novo. Este informe ten unhas características especiais na edición por que responde aos requisitos de edición do Plan de Calidade para o Sistema Nacional de Salud de 2010 no Consello Coordinador de Publicacións da Xunta de Galicia, con data 29 de xuño de 2010.