Catálogo Picasso branco no recordo azul. Debuxando o futuro, exposición celebrada no Museo de Belas Artes da Coruña do 23 de marzo ao 25 de xuño de 2023
Catálogo Picasso branco no recordo azul. Debuxando o futuro, exposición celebrada no Museo de Belas Artes da Coruña do 23 de marzo ao 25 de xuño de 2023
Catálogo da exposición "José Suárez. Ollos vivos que pensan" con amplios textos de estudo dos comisarios e especialistas en fotografía. O catálogo é a obra máis completa ata o momento da vida e a obra do fotógrafo José Suárez, e incorpora unha gran cantidade de material inédito referente á súa vida.
A exposición de Cristina García Rodero "Transtempo", organizada polo Xacobeo en colaboración co Centro Galego de Arte Contemporánea, presenta unha serie de obras realizadas pola fotógrafa desde os anos setenta até a actualidade. Esta obra, coeditada pola Xunta de Galicia e a editorial La Fábrica, reúne unha selección das pezas máis destacadas que constitúen esa mostra con textos de Miguel von Hafe Pérez, Rosa Martínez e Manuel Rivas.
Selección de fotografías feitas por Cristina García Rodero en Grabarka, o centro de peregrinación máis importante da Igrexa Ortodoxa Autocéfala Polaca, que presenta así un documento gráfico cunha beleza estética sorprendente, onde aparecen os numerosos peregrinos portando as cruces ofrecidas como petición ou agradecemento ao Cristo Salvador, seguindo unha tradición que pode remontarse ao século XIII.
Primeira entrega do cobizoso proxecto que lle ofrece ao público a obra completa de Juan Montes, un dos representantes de maior poder creativo da música culta galega. A empresa desenvólvese coa garantía dun musicólogo de tan gran compromiso co noso patrimonio como é o padre Calo, quen, á parte de preparar a edición, achega un magnífico estudo introdutorio, no que refire con todo detalle os avatares que conduciron á creación das partituras que este volume fornece.
Editado con motivo da exposición celebrada no Museo de Belas Artes da Coruña do 20 de febreiro ao 14 de maio de 2015, este catálogo é unha completa publicación que ofrece unha análise pormenorizada dunha etapa fundamental na formación de Picasso, a comprendida entre 1891 e 1895. Estuda con detalle as experiencias e as ensinanzas colleitadas neses anos cruciais para poder comprender dun xeito máis profundo a repercusión que tivo a súa obra. Presenta dez seccións, cos correspondentes textos que explican o contido da mostra, xunto coas imaxes das obras expostas.
Os textos realizáronos a comisaria, Malén Gual, xunto con outros especialistas, como Xosé R. Barreiro, X. Antón Castro, Rafael Inglada, Marilyn McCully, César Antonio Molina, Elena Prado, Eduard Vallès ou Rubén Ventureira.
Complétase cunha bibliografía xeral, a relación catalográfica das preto de máis de 200 obras que forman parte da mostra e e a tradución dos textos ao inglés.
Catálogo da exposición do mesmo título, realizada con imaxes fotográficas relativas á Catedral de Santiago e ao fenómeno xacobeo. Baséase na relación mística entre a luz, a espiritualidade e as formas inaprehensibles que vai tomando unha experiencia única.
Libro-guía dos camiños de Santiago en Galicia, con mapas e ilustracións a cor e textos de Cristóbal Ramírez.