Catálogo

Amosando 1 - 4 de 4
Lingua/s
Castelán
Inglés

Editado con motivo da exposición celebrada no Museo de Belas Artes da Coruña do 20 de febreiro ao 14 de maio de 2015, este catálogo é unha completa publicación que ofrece unha análise pormenorizada dunha etapa fundamental na formación de Picasso, a comprendida entre 1891 e 1895. Estuda con detalle as experiencias e as ensinanzas colleitadas neses anos cruciais para poder comprender dun xeito máis profundo a repercusión que tivo a súa obra. Presenta dez seccións, cos correspondentes textos que explican o contido da mostra, xunto coas imaxes das obras expostas.
Os textos realizáronos a comisaria, Malén Gual, xunto con outros especialistas, como Xosé R. Barreiro, X. Antón Castro, Rafael Inglada, Marilyn McCully, César Antonio Molina, Elena Prado, Eduard Vallès ou Rubén Ventureira.
Complétase cunha bibliografía xeral, a relación catalográfica das preto de máis de 200 obras que forman parte da mostra e e a tradución dos textos ao inglés.

Autor/a
Montenegro Rúa
Enrique Jorge
Autor/a
Blanco-Rotea
Rebeca
Autor/a
Benavides
Rosa
Autor/a
Portela
César
Lingua/s
Castelán
Galego
Inglés

Con motivo das últimas intervencións realizadas no monumento de Santa Eulalia de Bóveda, decídese facer esta publicación, na que se recolle un estudo historiográfico de Enrique Montenegro, os resultados da lectura de parametros e o levantamento topográfico da arqueóloga Rebeca Blanco-Rotea, no que se establecen as distintas fases de construción do edificio, o estudo das pinturas realizado pola restauradora Rosa Benavides e, por último, a intervención arquitectónica de César Portela no monumento e no seu contorno.

Autor/a
Gómez Prado
Antonio
Coautor/a
Pazos Reboredo
Julio
Coautor/a
Oliveira Pereira
Mª Dolores... [et al.]
Lingua/s
Castelán
Galego

Catálogo de expedientes de obras, tanto particulares como públicas, que reflicten a evolución da cidade de Lugo entre 1917 e 1970 a través dos documentos custodiados no Arquivo Histórico Provincial de Lugo, cunha descrición dos expedientes segundo a NOGADA (Norma Galega de Descrición Arquivística) e as fichas de catálogo da totalidade das pezas que se expoñen, e os textos institucionais. Acompáñao un DVD con tres artigos: un sobre planificación, outro sobre contextualización histórica, outro coa descrición de expedientes segundo a NOGADA, máis as fichas de catálogo dos documentos, e as imaxes dos documentos que forman parte da exposición con 314 páxinas, con 417 ilustracións en cor, e un vídeo coas imaxes de cumentos expostos.