Catálogo

Amosando 397 - 408 de 641
0,00 €

Publicación en formato electrónico que ten como obxectivo avaliar a efectividade clínica do cribado neonatal das seguintes patoloxías: deficiencia primaria de carnitina (CUD) e deficiencias de acil-coaA deshidrogenasa de ácidos graxos de cadea curta (SCADD) e de cadea moi longa (VLCADD).

Esta publicación ten como principal obxectivo analizar as diferentes ferramentas existentes en materia de RSE no sector da construción para que sirva de manual básico de referencia para a posta en marcha de actuacións responsables e estratexicamente competitivas por parte de todas as entidades ligadas a este sector.

Publicación que ten como obxectivo servir de instrumento de mellora da comunicación, útil como referencia e recordatorio, cunha utilidade clara para todos os traballadores do Sergas. No manual recóllense pautas e recomendacións sobre como actuar en determinadas situacións que se dan con frecuencia entre profesionais, pacientes e usuarios nos servizos sanitarios, relacionadas coa atención, o trato e a comunicación efectiva, como comunicarse a través de diversas canles, como xestionar situacións difíciles, recomendacións para a atención a diversos colectivos especiais, breves referencias aos dereitos e valores da institución, así como ao confort, a responsabilidade social e a imaxe corporativa.

0,00 €
Autor/a
Paz Valiñas
Lucinda
Autor/a
Varela Lema
Leonor
Autor/a
Atienza Merino
Gerardo
Lingua/s
Castelán

Documento que ten como obxectivo principal o de avaliar a eficacia/efectividade e seguridade do cribado neonatal da forma cláisca da hiperplasia conxénita (I+ISC) e a validez analítica da proba de cribado (sensibilidade, especificidade e valores predictivos).

0,00 €
Autor/a
Varela Lema
Leonor
Autor/a
Paz Valiñas
Lucinda
Autor/a
Atienza Merino
gerardo
Lingua/s
Castelán

Publicación que ten como obxectivo analizar a evidencia existente sobre o cribado neonatal de galactosemia para apoiar a toma de decisións sobre a súa introdución na carteira de servizos do Sistema Nacional de Saúde. Exponse como obxectivo específico avaliar os diferentes aspectos da enfermidade, do tratamento e da proba de cribado que poden sustentar a toma de decisións. Considéranse obxectivos secundarios proporcionar información sobre as diferentes estratexias de cribado empregadas no nivel mundial.

0,00 €
Autor/a
Seoane Mato
Daniel
Autor/a
Queiro Verdes
Teresa
Autor/a
López García
Marisa
Lingua/s
Castelán

Documento en soporte electrónico que ten como obxectivo avaliar a evidencia existente sobre a efectividade clínica do cribado neonatal do déficit de biotinidasa, que serve de base para decidir a súa inclusión nunha carteira común básica dos cribados neonatais.