Catálogo

Amosando 229 - 240 de 641

Publicación cuxo contido vai dirixido a técnicos sanitarios e persoal de ONG que traballan no campo do VIH-sida, tratando o tema das novas infeccións polo virus da inmunodeficiencia humana e outras infeccións de transmisión sexual, de maneira que se informa sobre o importante cambio que se produce cando este problema sanitario se considera dende a perspectiva de infección e non de enfermidade. Así,  coñecemos as características actuais da epidemia destas infeccións, tanto no que se refire ás persoas afectadas e prácticas de risco como á distribución temporoespacial.

 

Autor/a
Míguez Soto
Beatriz
Autor/a
Martínez Chamorro
Enrique
Autor/a
Fernández López
Josefa
Lingua/s
Castelán

Folla divulgadora en castelán sobre a avespa do castiñeiro (Dryocosmus kuriphilus), considerada a principal praga do castiñeiro.

Estratexia que pretende integrar todos os programas que se veñen desenvolvendo nos últimos anos para a atención ás persoas en situación de cronicidade baixo un modelo de traballo coordinado e innovador, orientado a incrementar a calidade e a seguridade da atención ás/aos pacientes crónicos, a satisfacción das/dos enfermos e a implicación das/dos profesionais.

0,00 €
Autor/a
Varela Lema
Leonor
Autor/a
Maceira Rozas
María del Carmen
Autor/a
Prieto Yerro
Isabel [et.al]
Lingua/s
Castelán

O obxectivo deste documento é desenvolver unha ferramenta que facilite á Comisión de Prestacións, Aseguramento e Financiamento seleccionar e priorizar, dunha forma obxectiva e sistemática, as tecnoloxías sanitarias que avaliará a RedETS para a súa inclusión/exclusión ou modificación de condicións de uso na carteira de servizos.

 

 

As interaccións e relacións entre iguais inciden no desenvolvemento social dos nenos e adolescentes, pero non sempre estas relacións son de carácter positivo. A existencia dos conflitos exixe de todos e, particularmente, do sistema educativo, unha aprendizaxe para o seu entendemento, a súa xestión e a súa resolución, dentro dun marco de convivencia e cultura da paz. Así, na Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa, abórdase por primeira vez no plano lexislativo o tratamento de situacións de acoso, partindo da definición destas situacións de acordo cos criterios xeralmente admitidos pola comunidade pedagóxica, e inclúe a problemática derivada do mal ou inadecuado uso das novas tecnoloxías. E, no seu artigo 30, disponse que cada centro docente incluirá un protocolo para a prevención, detección e tratamento das situacións de acoso escolar no seu plan de convivencia, que se recolle neste documento.

0,00 €

O obxectivo deste documento é avaliar a viabilidade e aplicabilidade do programa TIDY no Sistema nacional de saúde. Este informe revisa a evidencia científica sobre efectividade, seguridade e viabilidade do programa TIDY ou programas alternativos de identificación terapéutica da depresión en atención primaria.

 

 

0,00 €
Autor/a
Cantero Muñoz
Paula
Autor/a
Puñal Riobóo
Janet
Lingua/s
Castelán

O obxectivo deste documento é avaliar mediante revisión sistemática a efectividade clínica do cribado neonatal da inmunodeficiencia combinada grave (DCG) mediante a detección de TRC (círculo de escisión do receptor de linfocito T) por PCR cuantitativa (qPCR).