Catálogo

Amosando 13 - 24 de 641
Autor/a
Peiteado Romay
Cristina
Autor/a
Paz Valiñas
Lucinda
Autor/a
Maceira Rozas
María del Carmen
Autor/a
Faraldo Vallés
María José
Autor/a
Mejuto Martí
Teresa
Lingua/s
Castelán

Non existe evidencia do uso da campá de baleiro no tratamento do pectus excavatum (PE) en pacientes menores de 18 anos en comparación coa corrección cirúrxica mínimamente invasiva (MIRPE). Así mesmo, tampouco se estableceu a súa efectividade en comparación con outras intervencións, como a fisioterapia respiratoria ou medidas estándar de coidado do PE. Por outra parte, en pacientes demasiado novos para se someteren a cirurxía, ou que a rexeitan, a evidencia está limitada a un único estudo de baixa calidade con resultados moi modestos, o cal impide determinar con certeza a súa efectividade real. Aínda que o dispositivo pode considerarse seguro, notificáronse acontecementos adversos de escasa entidade asociados ao seu uso.

0,00 €

Folleto que indentifica os EPI que se empregarán segundo o posto desempeñado no sector forestal. Inclúe os postos de motoserrista, operario/a de poda/corta en altura, operario/a de rozadora, peón forestal, maquinista forestal e transportista forestal. Para cada posto emprega unha ficha, na parte dianteira contén recomendacións e na traseira, a descrición dos EPI que se deben empregar. Na páxina 15 inclúe unha táboa resumo coa indicación da obrigatoriedade do emprego.

Autor/a
Gómez Salgado
Patricia
Autor/a
Triñanes Pego
Patricia
Autor/a
Faraldo Vallés
María José [et.al.].
Lingua/s
Castelán

O obxectivo deste estudo foi identificar as necesidades de información e preferencias das e dos responsables da toma de decisións a nivel macro, meso e micro con respecto aos produtos de avaliación de tecnoloxías sanitarias (ETS) elaborados pola Rede Española de Axencias de Avaliación de Tecnoloxías Sanitarias e Prestacións do Sistema Nacional de Saúde. Segundo as e os participantes consultados en grupos focais online, os produtos de ETS percíbense como útiles, rigorosos e de alta calidade. Entre as propostas de mellora destacan: incluír información contextual nos informes de avaliación; mellorar a difusión, especialmente dos produtos de tecnoloxías sanitarias novas e emerxentes; perfeccionar a presentación de resultados dos informes de avaliación económica; e, mellorar a incorporación de pacientes e persoal experto no desenvolvemento de informes.

A Sociedade de Cirurxía de Galicia e o Grupo Galego de Coloproctoloxía, conscientes do incremento do cancro de recto na nosa Comunidade e do cambio porcentual progresivo na incidencia desta enfermidade en pacientes mozos, celebraron unha reunión de consenso co fin de mellorar a calidade das prestacións que as unidades de Coloproctoloxía da nosa Comunidade deben achegar aos cidadáns e de elaborar unhas guías con pautas consensuadas sobre o tratamento cirúrxico do cancro de recto que lles sirvan aos cirurxiáns para unha mellor toma de decisións.
As recomendacións plasmadas nesta guía deben ser interpretadas no contexto dun traballo multidisciplinar e representan fundamentalmente a parte cirúrxica.

Este protocolo de actuación contra as violencias sexuais e LGBTIfóbicas nos eventos e espazos festivos establece unha serie de pautas preventivas e de actuación para cando se produza algún tipo de violencia contra as mulleres ou as persoas LGBTI en espectáculos musicais, en actividades culturais e sociais desenvolvidas ao aire libre e en festas e verbenas populares.
Inclúe unha serie de recomendacións de actuación para todas as persoas que interveñen na organización e no desenvolvemento das indicadas actividades, ás cales tamén se lles facilitan materiais de información e sensibilización sobre o rexeitamento das condutas machistas, recollidos nos anexos do protocolo.

0,00 €

O catálogo da exposición De comerciantes a banqueiros. Orixes da banca en Galicia reproduce tanto os textos explicativos como as imaxes e as descricións dos documentos expostos na exposición organizada polo Arquivo de Galicia que foi inaugurada o día 9 de xuño, Día Internacional dos Arquivos, no Edificio da Biblioteca e Arquivo de Galicia da Cidade da Cultura de Santiago de Compostela e que permaneceu aberta ata o día 15 de outubro deste ano.
Nela exhíbíronse unha selección de 89 documentos que nos achegan ao fenómeno da actividade bancaria en Galicia nunha época de profundas transformacións políticas, económicas e sociais, entre as que destaca o inicio do movemento emigratorio a grande escala a mediados do século XIX.

Catálogo en galego, castelán e inglés onde se recolle a oferta de libros infantís e xuvenís producidos en Galicia durante o ano. Inclúe a descrición dos volumes, a reprodución en cor das cubertas e a información editorial necesaria para identificar cada obra.

Autor/a
Benito Torres
Consuelo
Autor/a
López Linares
Sofía
Autor/a
Mato Guerra
Paula [et.al.].
Lingua/s
Castelán

Co presente Plan de atención domiciliaria en atención primaria preténdese reforzar a atención á poboación que, pola súa situación, ten dificultades para desprazarse ao centro de saúde, proporcionándolles información, educación, coidados de calidade e apoio, ao doente e á súa familia, no seu propio domicilio.

Autor/a
Vázquez Castelo
AM
Autor/a
Maceira Rozas
MC
Autor/a
Pawlowska Pawlowska
E [et.al.].
Lingua/s
Castelán
Inglés

A parada cardiorrespiratoria extrahospitalaria (PCR-EH) é unha situación médica grave que ocorre fóra do hospital, caracterizada pola cesación da actividade do corazón e a ausencia de circulación sistémica. A pesar dos avances nas técnicas de reanimación cardiopulmonar e desfibrilación temperá, as taxas de supervivencia seguen sendo baixas. Neste contexto, a oxixenación por membrana extracorpórea (ECMO) emerxe como una posible estratexia terapéutica para mellorar os resultados en pacientes que sofren unha PCR-EH. O obxectivo desde estudo é avaliar a efectividade, seguridade e os custos da utilización da ECMO en PCR-EH que non pode ser revertida con métodos convencionais.

O presente documento intégrase dentro dunha colección de protocolos que se corresponden coa adaptación ao contexto do Servizo Galego de Saúde das sucesivas guías publicadas no Boletín Oficial del Estado (BOE) para a indicación, uso e autorización de dispensación de medicamentos suxeitos á prescrición médica por parte das/dos enfermeiras/os no ámbito da febre.
Este protocolo está acorde coas estratexias e liñas de acción promovidas pola Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria e está coordinado desde o Servizo de Integración Asistencial da Subdirección Xeral de Xestión Asistencial e Innovación.