Catálogo

Amosando 421 - 432 de 594

En Galicia, Seguindo as recomendacións da OMS, véñense realizando estudos de saúde bucodental cada 5 anos dende 1995 entre escolares de 6 e 12 anos. Ao longo desa década produciuse unha mellora na saúde dental dos escolares galegos. Cunha redución na prevalencia de carie do 39% aos 6 anos (de 46,7% en 1995 a 28,6% en 2005) e do 18% aos 12 (64,2% a 52,7%). Aínda que xa no ano 1995 se cumpriran os obxectivos propostos pola OMS para o ano 2000 na rexión europea. Co fin de continuar a serie quinquenal a Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública levou a cabo un novo estudo ded Saúde bucodental en escolares de Galicia no ano 2010, incluíndo neste caso o grupo de 15 anos. Esta publicación mostra os resultados deste estudo.

Autor/a
Verdes Queiro
Teresa
Lingua/s
Castelán

A anemia falciforme é unha enfermidade sistémica producida por unha alteración genética da hemoglobina que se trasmite por herencia autosómica recesiva, preséntase máis frecuentemente na áreas xeográficas nas que a malaria é endémica, aínda que este patrón xeográfico variou cos recentes fluxos migratorios. En España a incidencia estimada da anemia falciforme é baixa. As manifestacións clínicas dependen do genotipo e da idade. Nas formas máis graves o cadro clínico pode iniciarse nos primeiros meses de vida e producir unha elevada mortalidade, debido principalmente ás infeccións por xermes encapsulados. O obxectivo do cribado neonatal de anemia falciforme é iniciar o tratamento antibiótico profiláctico precozmente para reducir a incidencia e a mortalidade.

A enfermidade renal crónica é un importante problema de saúde pública pola súa elevada prevalencia, a súa importante morbi-mortalidade cardiovascular, e os custos sociais e económicos que supón. As opcións finais do tratamento son a diálise ou un trasplante de riñón, pero existe unha brecha crecente entre o número de doantes e receptores, por iso é necesario aumentar o número e calidade dos órganos trasplantados. A máquina de perfusión pulsátil pode presentar fronte a conservación en frío unha serie de ventaxas que permitan ampliar os criterios do doante e aumentar a produción de doantes de órganos falecidos.

O obxectivo do informe e avaliar a eficacia/efectividade, seguridade do cribado neonatal da FQ e describir as diferentes estatexias de cribado neonatal da FQ (protocolos, probas, etc). Este informe ten características especiais da edición xa que responde aos requisitos das publicacións editadas dentro do convenio de colaboración entre o Instituto de Salud Carlos III, e a Comunidade Autónoma de Galicia, para a avaliación de tecnoloxías sanitarias dentro do Plan de Traballo da "Red Española de Agencias de Evaluación de Tecnologías y Prestaciones del SNS" (antes Plan de Calidad para el SNS) aprobado en Consello Coordinador de Publicacións da Xunta de Galicia, con data de 29 de xuño de 2010.

O obxectivo deste informe é avaliar a efectividade clínica do cribado neonatal dos seguintes erros conxénitos do metabolismo, enfermidade dos ouriños con olor a sirope de arce, homocistinuria, acidema glutárica, acidema isovalérica e deficiencia de 3-hidroxil-acil-CoA deshidrogenasa de cadea longa. Este informe ten características especiais de edición xa que responde aos requisitos das publicacións editadas dentro do convenio de colaboración entre o "Instituto de Salud Carlos II", e a Comunidade Autónoma de Galicia, no marco de desenvolvemento de actividades da "Red Española de Agencias de Evaluación de Tecnologías y Prestaciones del SNS", (antes Plan de Calidad para el SNS) financiadas polo "Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad".

A presente obra responde ao cumprimento dunha das funcións da Comisión Galega de Bioética, fomentar a formación dos profesionais do ámbito sanitario en materia de Bioética, nela se recolle, a través da trascrición dos relatorios, a actividade desenvolvida o pasado día 25 de outubro de 2012, baixo o lema Bioética un instrumento de calidade para a atención sanitaria no Sistema Público de Saúde de Galicia. Esta actividade foi acreditada con 1,7 créditos pola Comisión Autonómica de Formación Continuada de Galicia.

Os obxectivos do presente informe son avaliar a eficacia e a efectividade da lectura automatizada fronte á lectura manual das citoloxías (convencional ou líquida) no cribado do cáncer de cérvix uterino. B) Coñecer o rendemento da lectura automatizada fronte á lectura manual de citoloxías. C) Valorar a razón de custo-efectividade da lectura automatizada de citoloxías. Este informe ten características especiais na edición por que responde ós requisitos do Plan de Calidade para o SNS 2010, aprobado no Consello Coordinador de Publicacións da Xunta de Galicia, con data 29 de xuño de 2010.

O obxectivo do presente informe é avaliar a técnica de denervación simpática renal mediante ablación co catéter de radiofrecuencia endovascular Symplicity®, respeto a súa seguridade, eficacia e/ou efectividade no tratamento da hipertensión arterial resistente. Este informe ten características especiais na edición por que responde ós requisitos do Plan de Calidade para o SNS 2010, aprobado no Consello Coordinador de Publicacións da Xunta de Galicia, con data de 29 de xuño de 2010.

Actualización do Programa Galego de Prevención e Control da Tuberculose, que se puxo en marcha a finais do ano 1994, e cuxos obxectivos e estratexias é necesario adaptar á situación epidemiolóxica actual da tuberculose en Galicia. As metas e obxectivos deste novo programa están deseñados para ser conseguidos no período 2012-2015.

O Programa de vixilancia sanitaria das zonas de baño realízase na Comunidade Autónoma de Galicia dende o ano 1993. Este programa lévase a cabo por parte de todas as comunidades autónomas coordinado polo Ministerio de Sanidade e Consumo, dende o ano 1988. Na nosa Comunidade Autónoma a tempada de baño estabécese, en función das condicións climatolóxicas, desde o 1 de xaneiro ao 30 de setembro, se ben a primeira recollida de mostras realízase na segunda quincena de maio. As mostraxes realízanse cunha frecuencia quincenal, de tal modo que ao final da tempada téñense os controis que son os necesarios para clasificar sanitariamente as zonas de baño. Os parámetros controlados son os que indica a lexislación vixente (Real Decreto 1341/2007, de 11 de octubre, sobre la gestión de la calidad de las aguas de baño). Cos resultados obtidos en cada tempada elabórase o Informe Técnico do programa de vixilancia sanitaria das zonas de baño de Galicia. A publicación en formato electrónico diferencíase en dous apartados, o informe e os anexos. No anexo II móstrase unha ficha de cada zona de baño incluída no programa no que se poden consultar os datos da calidade microbiolóxica das augas das zonas de baño, a estatística microbiolóxica de cada punto de mostraxe e a clasificación final de cada unha.