Catálogo

Amosando 349 - 360 de 594

Publicación electrónia en liña con contido dirixido ao persoal técnico sanitario e ao persoal das ONG que traballan no campo do VIH-sida. Trata o tema das novas infeccións polo virus da inmunodeficiencia humana, de maneira que se informa sobre o importante cambio que se produce cando este problema sanitario se considera desde a perspectiva da infección e non do dunha enfermidade; así coñecemos as características actuais da epidemia, tanto no que se refire ás persoas afectadas coma ás prácticas de risco e a distribución temporoespacial.

Publicación electrónica en liña da instrucción que recolle os obxectivos que está previsto acadar na campaña 2015, así como os aspectos técnicos relacionados coas vacinas que se van utilizar e outra información relativa a súa xestión, distribución e rexistro das doses. Vai dirixida a todos os profesionais sanitarios dos puntos de vacinación (públicos e privados) que participan nela.

Autor/a
Sánchez González
María del Carmen
Autor/a
Fernández de Armas
Lisset
Autor/a
Atienza Merino
Gerardo
Lingua/s
Castelán

Publicación que ten como obxectivo avaliar a efectividade e seguridade da ablación por radiofrecuencia (con ou sen resección endoscópica da mucosa) como técnica de tratamento do esófago de Barrett con displasia de alto grao/carcinoma.

Coordinador/a
Fernández Nogueira
Enma
Coordinador/a
Fernández da Silva
Josefa
Lingua/s
Castelán

Memoria que recolle as acción e indicadores máis destacables da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública para o ano 2014. Recompilouse a información relevante para cada un dos catorce servizos cos que conta esta dirección xeral. Faise, ademais, unha síntese dos sistemas de información xestionados e das publicacións realizadas na web e na intranet.

Publicación dirixida a todos os profesionais do ámbito da nefroloxía. Nela descríbese a epidemioloxía da enfermidade renal terminal e os seus tratamentos tanto a diálise como o transplante na comunidade autónoma de Galicia. Descríbense os datos correspondentes ao ano 2013 e a evolución dos últimos anos.

Boletín que trata de dar a coñecer aqueles artigos científicos recentes relacionados coa asistencia sanitaria á urxencia e a emerxencia considerados de referencia para profesionais sanitarios.

0,00 €

Publicación en formato electrónico que ten como obxectivo avaliar a efectividade clínica do cribado neonatal das seguintes patoloxías: deficiencia primaria de carnitina (CUD) e deficiencias de acil-coaA deshidrogenasa de ácidos graxos de cadea curta (SCADD) e de cadea moi longa (VLCADD).

Esta publicación ten como principal obxectivo analizar as diferentes ferramentas existentes en materia de RSE no sector da construción para que sirva de manual básico de referencia para a posta en marcha de actuacións responsables e estratexicamente competitivas por parte de todas as entidades ligadas a este sector.