Catálogo

Amosando 145 - 156 de 594
0,00 €
Autor/a
Varela Lema
Leonor
Autor/a
Puñal Riobóo
Janet
Autor/a
García Pérez
Lidia
Lingua/s
Castelán

O principal obxectivo é avaliar a seguridade e efectividade comparada das principais estratexias de cribado co test de ADN fetal para a detección das trisomías 21(T21), 18(T18) e 13 (T13), establecendo a validez diagnóstica (variables intermedias) e as implicacións en termos de medidas de resultado pertinentes para a muller embarazada e/ou feto. Preténdese tamén analizar os custos e as principais cuestións organizativas, éticas e sociais relacionadas coa implantación das distintas estratexias de cribado a nivel nacional.

Informe de oportunidades sobre a industria 4.0 realizados dentro das actividades do Proxecto LACES, proxecto de cooperación transfronterizo cofinanciado nun 75% con fondos FEDER, no marco do programa INTERREG V-A Espanha-Portugal (POCTEP) 2014-2020.

I

Informe de oportunidades sobre o sector agroalimentario e biotecnolóxico realizados dentro das actividades do Proxecto LACES, proxecto de cooperación transfronteirizo cofinanciado nun 75% con fondos FEDER, no marco do programa INTERREG V-A Espanha-Portugal (POCTEP) 2014-2020.

0,00 €
Autor/a
Puñal Riobóo
Janet
Autor/a
Montes Villalba
Rodrigo Alonso
Autor/a
Mejuto Martí
Teresa
Autor/a
[et.al.].
Lingua/s
Castelán

A avaliación da magnetoterapia estática ou imanterapia realizouse dentro do Plan para a protección da saúde fronte ás pseudoterapias. A técnica, que se basea na utilización de campos magnéticos xerados por imáns ou outros dispositivos magnéticos, avaliouse na súa indicación para o tratamento da dor crónica ou aguda asociada a diversas enfermidades. Os estudos dispoñibles actualmente non demostran que a magnetoterapia sexa un tratamento eficaz para o alivio da dor, polo que non se considera adecuado o seu uso como terapia para o control da dor aguda ou crónica.

A Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, concienciada de las necesidades asistenciais das persoas con sensibilidade química múltiple, así como pola necesidade de limitar a exposición ambiental dentro do ámbito sanitario, elaborou un protocolo de atención ás persoas con sensibilidade química múltiple coa intención de diminuír, na medida do posible, os axentes ambientais que se encontran dentro dos centros sanitarios e que poidan afectar estes pacientes.

Folleto informativo sobre o Programa galego de detección precoz de cancro colorrectal dirixido á poboación diana do programa, homes e mulleres de 50 a 69 anos residentes en Galicia. Incorpora información sobre a importancia da detección precoz do cancro colorrectal e como participar no programa.