Catálogo

Amosando 1 - 12 de 18
30,00 €

Esta publicación recolle os traballos presentados por especialistas nacionais e internacionais no XIII Congreso Internacional de Estudos Xacobeos que o Comité Internacional de Expertos do Camiño de Santiago realizou en Compostela do 26 ao 29 de xuño de 2024. Baixo a dirección de Klaus Herbers, catedrático de Historia Medieval e Ciencias Auxiliares na Universität Erlangen-Nürnberg de Alemaña, e co título de Metrópole: Santiago e Roma, 900 anos de historia, o congreso conmemorou unha efeméride: a concesión polo papa Calisto da dignidade arcebispal á cidade de Santiago en xuño de 1124, que converteu Compostela nun importante centro de poder eclesiástico e administrativo.

Número dezaseis da revista científica “Ad limina”, de carácter interdisciplinar e internacional, multilingüe, de investigacións sobre o Camiño de Santiago e o fenómeno das peregrinacións. Nesta ocasión trátase dun número monográfico titulado “Imaxinando o Camiño de Santiago: itinerarios, narracións, mitos”. A revista publica, desde 2025, dous números monográficos ao ano, cada un coa súa parte monográfica e xeral (desde 2010 ata 2024 editouse un número ao ano).

0,00 €
Autor/a
Vila Iglesias
Manuel
Tradutor/a
Aresta
Manuel
Lingua/s
Galego
Portugués

Graxa é un conto profundamente introspectivo e poético que explora a relación dunha persoa co seu corpo obeso. A narrativa é densa e rica en detalles, con descricións vívidas e, por veces, incómodas, que capturan a sensación de aprisionamento físico e emocional do protagonista, namentres reflexiona sobre a súa vida, marcada pola vergoña, a auto-aversión e a necesidade de aceptación.

Lingua/s
Portugués
Inglés

Catálogo da exposición Camiño (A orixe), con textos dos membros do comité asesor, máis 7 textos de estudo sobre temas relacionados co Camiño e 150 imaxes correspondentes ás obras expostas.

Número XI da revista científica multilingüe Ad Limina, de carácter multidisciplinar e internacional, de investigación sobre o Camiño de Santiago e o fenómeno das peregrinacións. Nesta ocasión, trátase dun número monográfico especial dedicado a Santiago o Maior, o culto e os camiños xacobeos en Portugal.

0,00 €
Autor/a
Alvarellos
Quique
Lingua/s
Portugués

Este folleto componse dun libriño de 8 páxinas en que se fai un breve percorrido polo mundo das peregrinacións, a historia do Camiño de Santiago, ritos e costumes da catedral etc. No seu interior, grampado, contén un despregable de 8 corpos que inclúe planos da ruta, perfís, distancias quilométricas, etapas parciais, planos de lugares xacobeos etc. Así mesmo, a epígrafe “Mais alá do Camiño”, anímanos a que cando rematemos o Camiño poidamos contemplar territorios e paisaxes, de singular beleza, un pouco afastados del.

0,00 €
Autor/a
Alvarellos
Quique
Lingua/s
Portugués

Trátase dun despregable de oito corpos en que se inclúen planos da ruta, perfís, distancias quilométricas, etapas parciais, planos de lugares xacobeos etc. Así mesmo, a epígrafe “Mais alá do Camiño” anímanos a que cando rematemos o Camiño poidamos contemplar territorios e paisaxes, de singular beleza, un pouco afastados del.

0,00 €
Autor/a
Alvarellos
Quique
Lingua/s
Portugués

Este folleto componse dun libriño de 8 páxinas en que se fai un breve percorrido polo mundo das peregrinacións, a historia do Camiño de Santiago, ritos e costumes da catedral etc. No seu interior, grampado, contén un despregable de 8 corpos que inclúe planos da ruta, perfís, distancias quilométricas, etapas parciais, planos de lugares xacobeos etc. Así mesmo, a epígrafe “Mais alá do Camiño” anímanos a que cando rematemos o Camiño poidamos contemplar territorios e paisaxes, de singular beleza, un pouco afastados del.

0,00 €
Autor/a
Alvarellos
Quique
Lingua/s
Portugués

Trátase dun despregable de oito corpos no que se inclúen planos da ruta, perfís, distancias quilométricas, etapas parciais, planos de lugares xacobeos, etc. Así mesmo, o apartado “Mais alá do Camiño”, anímanos a que cando rematemos o Camiño poidamos contemplar territorios e paisaxes, de singular beleza, un pouco afastados del.

10,00 €

Libro resumo da exposición Camiño de Paz. Mane Nobiscum Domine, que tivo lugar na catedral de Ourense no 2005, con motivo da celebración do ano dedicado polo papa Xoán Paulo II á Eucaristía. A mostra facía un percorrido pola historia e a arte de Galicia, en conexión co resto de Occidente, para evidenciar así a pegada do legado evanxélico na creatividade cultural galega, a través de pezas de ourivería, escultura, pintura, etc.

Número oito da revista científica multilingüe Ad Limina, de carácter interdisciplinar e internacional, de investigación sobre o Camiño de Santiago e o fenómeno das peregrinacións.

Actas do IX Congreso Internacional de Estudios Jacobeos, celebrado entre os días 22-24 de outubro de 2015 na cidade de Santiago, no que se reuniron un grupo de profesionais representativo da historiografía internacional contemporánea que centra boa parte do seu traballo no estudo das peregrinacións a Santiago. Uns e outros trataron, dende as súas respectivas ópticas, as relacións e interaccións do culto mariano e a devoción xacobea nos camiños de peregrinación a Compostela e na propia cidade do Apóstolo.