Catálogo

Amosando 1 - 12 de 29

Número dezaseis de Ad Limina, revista de carácter interdisciplinar, internacional e multilingüe de investigación sobre a ruta xacobea e o fenómeno das peregrinacións. Nesta ocasión, e baixo o título A novela histórica sobre a Idade Media e o Camiño de Santiago, estúdase a representación medieval do Camiño nas novelas históricas, así como os seus editores, autores etc. Os artigos que lle dan forma a este volume analizan publicacións relativas a este tema editadas nos últimos corenta anos no mundo hispano, francés e anglosaxón. Turismo de Galicia e a S.A. de Xestión do Plan Xacobeo publican, desde 2025, dous números ao ano, con cadansúa parte monográfica e xeral.

30,00 €

Esta publicación recolle os traballos presentados por especialistas nacionais e internacionais no XIII Congreso Internacional de Estudos Xacobeos que o Comité Internacional de Expertos do Camiño de Santiago realizou en Compostela do 26 ao 29 de xuño de 2024. Baixo a dirección de Klaus Herbers, catedrático de Historia Medieval e Ciencias Auxiliares na Universität Erlangen-Nürnberg de Alemaña, e co título de Metrópole: Santiago e Roma, 900 anos de historia, o congreso conmemorou unha efeméride: a concesión polo papa Calisto da dignidade arcebispal á cidade de Santiago en xuño de 1124, que converteu Compostela nun importante centro de poder eclesiástico e administrativo.

35,00 €

As actas do XII Congreso internacional de estudos xacobeos son o resultado de darlle continuidade ao longo proceso que o Comité Internacional de Expertos do Camiño de Santiago iniciou no ano 1992, abrindo novas fronteiras á investigación. Nesta ocasión, un grupo de profesionais reuniuse na cidade de Santiago de Compostela, do 22 ao 26 de marzo de 2022, co propósito de analizar a peregrinación xacobea das derradeiras décadas; unhas xornadas divididas en tres epígrafes: o saber da investigación, o andar das redes de itinerarios e hospitais, e o crer da espiritualidade e das devocións do Camiño. O congreso pon de manifesto, unha vez máis, a relevancia dos relatores e a calidade e variedade das intervencións, con recoñecidos investigadores de España, Alemaña, Canadá, Italia, Francia, Polonia, Xapón, Grecia e os Estados Unidos.

Número XIV da revista científica multilingüe Ad Limina, de carácter multidiscipliar e internacional, de investigación sobre o Camiño de Santiago e o fenómeno das peregrinacións. Nesta ocasión trátase dun número monográfico especial dedicado a Cataluña e o Camiño de Santiago.

Número XIII da revista científica multilingüe, Ad Limina, de carácter multidisciplinar e internacional, de investigación sobre o Camiño de Santiago e o fenómeno das peregrinacións. Nesta ocasión, trátase dun número monográfico especial dedicado á “Cultura escrita, mulleres e peregrinación na Europa Medieval”.

Número doce da revista científica Ad Limina, de carácter interdisciplinar e internacional, multilingüe, de investigación sobre o Camiño de Santiago e o fenómeno das peregrinacións.

21,00 €

A través desta publicación, o Comité Internacional de Expertos do Camiño de Santiago ofrécenos o X Congreso Internacional de Estudios Jacobeos, en que se aborda o padroado xacobeo. Baixo o título de Jacobus patronus e, a través das achegas de recoñecidos investigadores de Cuba, Chile, Estados Unidos, Alemaña, España, Francia, Italia, Polonia e Portugal, o Comité quere afondar na relación do apóstolo Santiago co mundo exterior. O Congreso tivo lugar na cidade de Santiago, entre os días 9 e 11 de novembro de 2017.

10,00 €

Esta publicación recolle as actas do Congreso internacional Propter magnare creatus, celebrado en Santiago de Compostela os días 21, 22 e 23 de setembro de 2016.
Co obxecto de dar á gastronomía unha identidade máis sólida no ámbito cultural, levouse a cabo esta publicación enogastronómica que fortalece o interese pola gastronomía desde o punto de vista académico e científico, reunindo nun congreso investigadores que profundizaron no tema das relacións entre lingua, literatura e comida en Italia e España.
O lector atopará contribucións relevantes para descubrir o vínculo existente entre lingua común ou literaria e comida no trascurso dos séculos.

25,00 €
Autor/a
Alonso Ocaña
Luis
Lingua/s
Xaponés
Galego

Catálogo da exposición "Totsukawamura. Corazón do Camiño" con fotografías de Luis Alonso Ocaña. Trátase dunha visión do contorno do Camiño de Kumano (Xapón) ao seu paso polo territorio de Totsukawa, destacando a presenza da natureza en que habitan os kami shintoístas vivindo coas divindades budistas en perfecta harmonía. Textos alusivos a esta peregrinación realizados por especialistas que contribúen a difundir unha manifestación peregrinatoria nun enclave declarado Patrimonio da Humanidade e con interesantes relacións co Camiño de Santiago a pesar da distancia.

Temáticas
0,00 €
Autor/a
Alvarellos
Quique
Lingua/s
Italiano

Este folleto componse dun libriño de 8 páxinas en que se fai un breve percorrido polo mundo das peregrinacións, a historia do Camiño de Santiago, ritos e costumes da catedral etc. No seu interior, grampado, contén un despregable de 8 corpos que inclúe planos da ruta, perfís, distancias quilométricas, etapas parciais, planos de lugares xacobeos etc. Así mesmo, a epígrafe “Mais alá do Camiño” anímanos a que cando rematemos o Camiño poidamos contemplar territorios e paisaxes, de singular beleza, un pouco afastados del.

Autor/a
Alvarellos
Quique
Lingua/s
Italiano

Este folleto componse dun libriño de 8 páxinas en que se fai un breve percorrido polo mundo das peregrinacións, a historia do Camiño de Santiago, ritos e costumes da catedral etc. No seu interior, grampado, contén un despregable de 8 corpos que inclúe planos da ruta, perfís, distancias quilométricas, etapas parciais, planos de lugares xacobeos etc. Así mesmo, a epígrafe “Mais alá do Camiño” anímanos a que cando rematemos o Camiño poidamos contemplar territorios e paisaxes, de singular beleza, un pouco afastados del.

Autor/a
Alvarellos
Quique
Lingua/s
Italiano

Trátase dun despregable de oito corpos no que se inclúen planos da ruta, perfís, distancias quilométricas, etapas parciais, planos de lugares xacobeos, etc. Así mesmo, o apartado “Mais alá do Camiño”, anímanos a que cando rematemos o Camiño poidamos contemplar territorios e paisaxes, de singular beleza, un pouco afastados del.