Catálogo Picasso branco no recordo azul. Debuxando o futuro, exposición celebrada no Museo de Belas Artes da Coruña do 23 de marzo ao 25 de xuño de 2023
Catálogo Picasso branco no recordo azul. Debuxando o futuro, exposición celebrada no Museo de Belas Artes da Coruña do 23 de marzo ao 25 de xuño de 2023
Catálogo da exposición Luz na terra, que conmemora o centenario da fundación SEG como unha posta en valor dunha obra colectiva que tratou de actuar de acordo coas esixencias dos seu tempo para lograr a modernización da cultura galega e unha proxección exterior desta, conectando ou intercambiando experiencias e publicacións con institucións análogas de España, Portugal, Bretaña, Irlanda, Reino Unido, Alemaña ou diversos países do continente americano.
Amosar o vínculo singular que desenvolveron con Galicia científicos, escritores, artistas plásticos ou cineastas foráneos do último século e medio. Ese é o obxectivo de Detrás do espello, unha mostra que explora a biografía e o traballo dunha serie de autores foráneos que imaxinaron, construíron e proxectaron Galicia na súa obra, xa for a partir de representacións sobre referentes reais ou inventados.
Catálogo da exposición sobre Manuel Vilariño. After the whale.
O catálogo da exposición Camiños creativos, comisariada por Monserrat Pis Marcos, explora a relación entre o desprazamento e a arte, concretamente como o desprazamento a pé se integra como axente determinante do proceso artístico: camiñar para crear. Con textos de: Carmen Pena, Francesco Careri, Pilar Montero, Honi Ryan, Elia Torrecilla e Monse Pis.
Edición conmemorativa do catálogo da exposición: Foi un home. Laxeiro en América (Buenos Aires, 1950-1970). A mostra establece unhanova ollada sobre a obra de José Otero Abeledo (Laxeiro), amosando unha madurez plena que coincide coa súa longa estadía arxentina entre 1950 e 1970, período no que adquire a súa maior independencia artística. O catálogo inclúe textos de Carlos Bernárdez, Javier Buján, Antón Castro, Cecilia Doporto, fotografías das 42 obras que forman parte da exposición e unha reprodución do catálogo da Exposición de artistas gallegos que tivo lugar en 1951 en Buenos Aires.
Trátase do catálogo da exposición que perdurará no tempo. Consta dun digipack de tres corpos e un CD.
Guía da colección de arte do Museo de Belas Artes da Coruña.
Número XIII da revista científica multilingüe, Ad Limina, de carácter multidisciplinar e internacional, de investigación sobre o Camiño de Santiago e o fenómeno das peregrinacións. Nesta ocasión, trátase dun número monográfico especial dedicado á “Cultura escrita, mulleres e peregrinación na Europa Medieval”.
A Vía da Prata. Aires do sur proponnos un percorrido a través de 150 anos de historia da fotografía, que nos convida a reflexionar sobre a soidade, a distancia e o paso do tempo. A exposición componse dunha selección de fotografías do século XIX ao XXI, tomadas en diferentes puntos do percorrido do Camiño desde Sevilla a Santiago de Compostela da man de figuras consagradas e emerxentes da arte fotográfica.
Hamish Fulton (Londres, Reino Unido, 1946) é un artista cuxa obra é o resultado do encontro entre a arte e o camiñar. Leva desde 1969 realizando camiñadas por distintas paraxes do planeta: percorreu a Península Ibérica de costa a costa en varias ocasións, visitou case toda Europa, Canadá, Estados Unidos, México e Australia, e camiñou polas montañas da India e do Nepal. Con motivo da exposición Walking East, organizada polo Centro Galego de Arte Contemporánea, planeou un percorrido partindo desde Fisterra, en dirección a Santiago de Compostela, Pamplona e Roncesvalles ata Hendaia.
Esta publicación presenta unha serie de obras resultantes deste proxecto acompañadas dunha conversa na cal o comisario da exposición, Pep Benlloch, e o artista falan sobre a experiencia no Camiño e a carreira de Hamish Fulton como walking artist (artista camiñante).
Catálogo do proxecto expositivo sobre o recoñecido artista Jorge Castillo, especialmente centrado na súa faceta como escultor, e con destacadas inclusións dos seus debuxos e obra gráfica.