Catálogo

Amosando 1009 - 1020 de 2050
2,10 €
Autor/a
Villamil Vázquez
Xesús
Lingua/s
Galego

Guía do mosteiro de San Paio de Antealtares pertencente á serie divulgativa “Compostela Aberta”, unha colección de publicacións breves sobre os monumentos máis senlleiros de Santiago. Ábrese cun breve percorrido pola historia do edificio, para afondar deseguido no seu patrimonio artístico (do mosteiro e mais da igrexa) e, para rematar, o museo.

Temáticas
2,10 €

Guía pertencente á serie divulgativa 'Compostela Aberta', unha colección de publicacións breves sobre os monumentos máis senlleiros de Santiago. Ábrese cun breve percorrido pola historia de Santa María do Camiño, e continúa coa súa arquitectura, retablos, escultura e a colección de arte sacra. O estudo da capela xeral de Ánimas presenta a mesma estrutura, máis un estudo de pintura mural, que tamén inclúe a da igrexa que pecha o libro, San Bieito do Campo.

Temáticas
0,00 €

Documento no que se reflicte a planificación das actividades de control oficial recollidas no PNCOCA nesta comunidade autónoma; abarca a totalidade da cadea alimentaria, desde a produción primaria ata o consumidor final, e implica todas as autoridades competentes con responsabilidade na seguridade alimentaria de pensos e alimentos, do benestar dos animais e a información ás persoas consumidoras.
O documento elaborouse para visualizar nun único texto todas as actividades de control oficial que as distintas unidades da Xunta de Galicia con competencias en materia de seguridade alimentaria dos pensos e alimentos e de benestar dos animais realizan.
Organízase en distintos apartados, coa finalidade de reflectir dunha forma ordenada as estruturas administrativas, competencias, recursos, criterios operativos de planificación e de mellora continua das actividades de control.

Boletín de actualizacións bibliográficas en urxencias prehospitalarias editado pola Comisión de Investigación da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que presenta as últimas novidades no campo da urxencia e a emerxencia sanitaria na atención extrahospitalaria.

Memoria da actividade desenvolvida por GALARIA, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, ao longo do ano 2016, que inclúe actividade asistencial, consultoría e protección radiolóxica, produción de radiofármacos, xestión do servizo de cita previa telefónica 'Saúde en liña', así como datos de estrutura organizativa, recursos humanos, actividade científica e novas tecnoloxías incorporadas á empresa.

Autor/a
Consello de Bioética de Galicia
Lingua/s
Castelán
Galego

Publicación a través da cal se examina a dimensión ética da práctica sanitaria co obxectivo de consolidar a mirada bioética da realidade no exercicio profesional e o funcionamento das institucións. A singular relevancia do conflito de intereses no ámbito da saúde deriva da entidade dos valores que protexe e da atribución exclusiva ás súas profesións da responsabilidade da súa protección. Dispor dun método que permita identificar e comprender o conflito de intereses e as súas consecuencias, orientado á toma de decisións e a actuación dos profesionais de modo correcto, no campo da bioética.

15,00 €
Autor/a
Labraña
Carlos
Lingua/s
Galego

Obra coeditada pola AGADIC e Edicións Xerais de Galicia dentro da colección Biblioteca Dramática Galega, galardoada co IX premio Manuel María de literatura dramática edición 2016.
O valo, de Carlos Labraña, narra o encontro entre unha nena que foxe da guerra, Sahara, e un rapaz soldado, gardián devoto de fronteiras móbiles. Con diálogos coidados, unha estrutura dramática ben armada e un minucioso coidado da lingua, presenta unha riqueza salientable que lle outorga o carácter sobresaínte como peza teatral. A través de Sahara chégannos fragancias do deserto, arrolos de sonoridade exótica e historias de estrelas que quencen as noites frías entre dunas sen fin. Do outro lado do valo, un soldadiño con corazón de chumbo que é quen de escoitar a quen amosa outra face dos acontecementos. Cunha harmoniosa mestura de inxenuidade e denuncia, a peza ofrece ao público miúdo a oportunidade de pensar que o mundo pode ser diferente. Un mundo onde non existen persoas ilegais, senón persoas ilegalizadas. O valo representa a esperanza que é precisa para transformar a realidade.

16,00 €
Autor/a
Lourenzo
Manuel
Lingua/s
Galego

Obra coeditada pola AGADIC e Edicións Xerais de Galicia dentro da colección Biblioteca Dramática Galega, galardoada co XXIII premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais edición 2016.
Suite Artabria, de Manuel Lourenzo, é un conxunto de tres pezas ("Orzán", "O fulgor das atochas" e "Alerta na rúa do Pozo") con elementos comúns, concibidas, segundo o xurado do premio, "como un roteiro por algún dos espazos máis representativos da Coruña": O Orzán, As Atochas e A Falperra. Trátase dun paseo pola intimidade escura e visceral dunha cidade amada polo autor, a través de tres barrios nos que se desenvolve cadansúa historia criminal, tecida en ambientes marxinais e con personaxes da realidade actual: perdedores, buscavidas, amargados, especuladores e corruptos que se enfrontan a situación límite. A tonalidade da obra introdúcenos nunha atmosfera abafante que emprega unha linguaxe directa e, por momentos, poética, moi axeitada para expresar a deriva destes seres tristes e ao tempo dispostos a todo para garantir a súa supervivencia.

Catálogo da exposición Agion Oros. Peregrinación ao Monte Athos. Fotografías de Fernando Moleres, que recolle imaxes deste fotógrafo sobre o patrimonio monumental e paisaxístico do Monte Athos, principal centro cultural da Igrexa ortodoxa. A exposición estará visitable entre o día 7 de xullo e o 15 de outubro de 2017 na sala de exposicións temporais do Museo das Peregrinacións e de Santiago.

Boletín informativo de periodicidade bimestral elaborado pola Sección de Publicacións e Estatísticas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social. Estrutúrase en varias seccións: Actualidade, Estatísticas, Alertas e Normativa, e ten como principal obxectivo informar verbo das actuacións máis salientables da Consellería no seu ámbito competencial e a información e formación das persoas usuarias.

Número oito da revista científica multilingüe Ad Limina, de carácter interdisciplinar e internacional, de investigación sobre o Camiño de Santiago e o fenómeno das peregrinacións.