Catálogo da exposición do mesmo título, desenvolve o discurso desta e inclúe as pezas da exposición e doutras que axudan a contextualizarla.
Catálogo da exposición do mesmo título, desenvolve o discurso desta e inclúe as pezas da exposición e doutras que axudan a contextualizarla.
Documento en formato de fichas que se configura coma unha ferramenta de axuda e para dar unhas pautas básicas de actuación para evitar que eses materiais atopados de forma inesperada poidan poñer en risco as persoas traballadoras ou terceiras persoas, por descoñecemento da posible presenza de amianto ou por actuaren de maneira imprudente.
Documento que se configura coma unha ferramenta de axuda e para dar unhas pautas básicas de actuación, para evitar que eses materiais atopados de forma inesperada poñan en risco a persoas traballadoras ou outras, por descoñecemento da posible presenza de amianto ou por actuar de maneira imprudente.
Informe relativo aos grupos de ocupación con mellores resultados no mercado laboral comarcal, sobre a base do movemento de contratados e demandantes de emprego.
Boletín de periodicidade semestral en que se recollen informacións diversas do Instituto Galego das Cualificacións para a súa divulgación.
Publicación que proporciona un coñecemento pormenorizado sobre a estrutura do mercado laboral da Comunidade Autónoma de Galicia; presenta, para este obxectivo, información detallada das principais variables que condicionan o funcionamento do mercado de traballo.
Boletín trimestral en que se recollen novidades e artigos de opinión en materia de responsabilidade social empresarial de Galicia.
Obra coeditada pola AGADIC e Dos Acordes, dentro da colección Ars Gallaeciae Musicae, serie Agra Vella.
Aínda que recoñecido maioritariamente polas súas 'Seis baladas galegas', para voz e piano, Juan Montes Capón abordou case todas as posibilidades de repertorio, dende relixioso a bailables, pezas para banda, orfeón, sinfónicas... a maior parte del xa publicado. Porén resulta completamente descoñecido na súa faceta de autor para piano, obra recuperada por Joám Trillo e Carlos Villanueva e xa publicada como 'Obras para piano (I). Juan Montes Capón'. Este segundo volume completa a obra pianística ata agora recuperada; inclúe a música para piano a catro e seis mans, composta, maioritariamente, por bailables (mazurcas, valses, polcas, habaneras, etc.) pensados para a súa interpretación no Círculo de Bellas Artes de Lugo, onde traballaba como pianista, e no mosteiro das Clarisas de Monforte, onde profesaba a súa sobriña.
Guía pertencente á serie divulgativa 'Compostela Aberta', unha colección de publicacións breves sobre os monumentos máis senlleiros de Santiago. Ábrese cun breve percorrido pola historia de Santa María, e continúa co estudo do seu exterior, das cinco salas do interior, o claustro e mais a igrexa, os sepulcros, etc.
Guía pertencente á serie divulgativa 'Compostela Aberta', unha colección de publicacións breves sobre os monumentos máis senlleiros de Santiago. Ábrese cun breve percorrido pola historia do pazo, e continúa co estudo da súa arquitectura: as salas, as reformas e ampliacións, a fachada, etc.
Guía do mosteiro de San Martiño Pinario pertencente á serie divulgativa “Compostela Aberta”, unha colección de publicacións breves sobre os monumentos máis senlleiros de Santiago. Ábrese cun breve percorrido pola historia do edificio, para afondar deseguido no seu patrimonio artístico (do mosteiro e mais da igrexa), as coleccións visitables e, para rematar, o Seminario.
Guía pertencente á serie divulgativa 'Compostela Aberta', unha colección de publicacións breves sobre os monumentos máis senlleiros de Santiago. Ábrese cun breve percorrido pola historia da igrexa parroquial, e continúa co estudo da súa arquitectura, retablos, escultura, o paso procesional de Xesús camiño do Calvario, a pintura mural e a colección visitable. A guía péchase cun breve estudo do hospital e capela de San Roque.