Catálogo

Amosando 265 - 276 de 2049
15,00 €
Autor/a
Mejuto Rial
Eva
Lingua/s
Galego

Os contos do Lobicán, de Eva Mejuto, conforma o número 18 da colección Barriga Verde, que integra as obras gañadoras dos premios para teatro de monicreques convocados pola Axencia Galega das Industrias Culturais. Gañadora do XV premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques na modalidade infantil (edición 2022), e coeditada pola Agadic e Baía Edicións, Os contos do Lobicán é unha proposta estética adaptada con rigorosidade ao teatro de monicreques; unha historia en verso, áxil, divertida e atrevida que busca darlle a volta ao conto, que combina personaxes e universos temáticos propios dos contos clásicos con temáticas de actualidade, nomeadamente o respecto pola natureza e a convivencia pacífica e respectuosa entre os seres humanos e os animais.

0,00 €
Autor/a
Pérez Dieste
Jacinto
Autor/a
Trigo
Juan E.
Autor/a
Almón Pazos
Bruno
Lingua/s
Galego

Este libro tenta ofrecer unha simple ferramenta visual de identificación destes rechamantes moluscos pertencentes á orde Nudibranchia, coñecidos popularmente como lesmas de mar ou nudibranquios, mediante fotos realizadas no seu hábitat natural, a toda persoa interesada, tanto profesional como afeccionada, desde biólogos, educadores científicos, mergulladores curiosos, mariñeiros ou ata simples observadores das pozas intermareais.

Temáticas
Autor/a
Pérez Dieste
Jacinto
Autor/a
Almón Pazos
Bruno
Lingua/s
Galego

O libro Esponxas mariñas de Galicia é unha obra divulgativa e de consulta especializada, que pretende achegar a fauna mariña da nosa comunidade dunha maneira nova, isto é, mostrando os animais da maneira na que se atopan no medio natural. As descricións incluídas na obra son o resultado de máis de 10 anos de estudo e recollida de datos que permiten achegar información suficiente como para que calquera persoa que teña interese poida achegarse a este grupo de animais tan descoñecido e, tradicionalmente, só ao alcance dos especialistas. O libro contén información sobre máis de 220 especies de esponxas, acompañadas de máis de 520 fotografías submarinas a toda cor, que complementan as descricións e achegan detalles importantes para a identificación.

Temáticas
7,00 €
Autor/a
Otero Ferreiro
Ana P
Autor/a
Baamonde Boquete
Sergio Domingo
Lingua/s
Galego

A finalidade desta publicación é dar a coñecer e sistematizar os aspectos máis importantes da normativa actualmente vixente en materia de espectáculos públicos e actividades recreativas, nomeadamente o Decreto 226/2022, do 22 de decembro, polo que se regulan determinados aspectos da organización e desenvolvemento dos espectáculos públicos e actividades recreativas e se constitúe o Rexistro de Empresas e Establecementos.
Esta guía inclúe, entre outros aspectos, a regulación das instalacións portátiles e desmontables, o capital mínimo que deben cubrir as pólizas de seguros de responsabilidade civil, os elementos de asistencia sanitaria e os dispositivos de vixilancia, o dereito de admisión, a venda de entradas e abonos, a información e publicidade ou o Rexistro de Empresas e Establecementos.

13,00 €
Autor/a
Torres
Xohana
Lingua/s
Galego

Nº 13 da colección "O papel do teatro", que acolle as obras levadas a escena polo Centro Dramático Galego (CDG), coeditada pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e Edicións Positivas.

Un hotel de primeira sobre o río é o resultado do diálogo do texto orixinal de Xohana Torres co teatro de movemento, a danza, a música e as artes visuais coa proposta dramatúrxica dos directores Gonçalo Guerreiro e María Torres.

Cunha coidada composición estética e unha rigorosa investigación sobre xestos e imaxes, a peza convídanos a abordar diferentes xeitos de vivir no ámbito rural e a cuestionar a xestión dos recursos naturais, a especulación urbanística, a depredación do medio natural e o desarraigamento.

Estudo sobre os 25 anos do Laboratorio de Consumo de Galicia (LCG), integrante do Instituto Galego do Consumo e da Competencia (IGCC). Este traballo resultou premiado na XXIV edición do Premio Manuel Colmeiro, organizado pola Escola Galega de Administración Pública.

15,50 €
Autor/a
Carreira
Ana
Lingua/s
Galego

Nin me amoles, de Ana Carreira, conforma o número 28 da colección Biblioteca Dramática Galega, que integra as obras gañadoras dos premios Álvaro Cunqueiro para textos teatrais e Manuel María de literatura dramática infantil convocados pola Axencia Galega das Industrias Culturais.

Gañadora do Premio Manuel María de literatura dramática infantil 2022, a obra aborda temas determinantes na sociedade contemporánea en relación coa infancia. Lola é unha nena que sofre os abusos do seu compañeiro Mamalón; que aguanta as impertinencias da súa veciña Meticona e resígnase á ausencia da súa nai, que, aínda presente, nunca pode xogar con ela. Pero un día, ao volver da escola, da súa mochila sae Nin, trasno ou trasna segundo lle pete, a quen só Lola pode ver. Entre xogos e reviravoltas, Nin apréndelle á nena outro xeito de enfrontarse aos problemas.

16,50 €
Autor/a
Castro Paredes
Fernando
Lingua/s
Galego

O traxe, de Fernando Castro Paredes, conforma o número 27 da colección Biblioteca Dramática Galega, que integra as obras gañadoras dos premios Álvaro Cunqueiro para textos teatrais e Manuel María de literatura dramática infantil convocados pola Axencia Galega das Industrias Culturais.

Gañadora do Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais 2022, a obra O traxe é un monólogo dramático que, facendo uso do humor negro, nos presenta un personaxe inquietante e complexo que, levado ao límite polas circunstancias, decide mostrarse ao mundo tal como é, pois xa nada ten que perder. Unha comedia cruel sobre a intolerancia, a violencia reprimida, a incomunicación e a morte.

30,00 €
Autor/a
Canido
Xosé Luis
Autor/a
Reixa
Antón
Lingua/s
Castelán
Galego
Inglés

Amosar o vínculo singular que desenvolveron con Galicia científicos, escritores, artistas plásticos ou cineastas foráneos do último século e medio. Ese é o obxectivo de Detrás do espello, unha mostra que explora a biografía e o traballo dunha serie de autores foráneos que imaxinaron, construíron e proxectaron Galicia na súa obra, xa for a partir de representacións sobre referentes reais ou inventados.

Temáticas