Boletín que presenta a avaliación da eficacia e seguridade do MIRABEGRÓN, novo fármaco indicado no tratamento dos síntomas asociados á síndrome de vexiga hiperactiva.
Boletín que presenta a avaliación da eficacia e seguridade do MIRABEGRÓN, novo fármaco indicado no tratamento dos síntomas asociados á síndrome de vexiga hiperactiva.
A lactación materna é a forma ideal e natural de achegar aos nenos e nenas os nutrientes que necesitan para un crecemento e desenvolvemento saudables. Malia recoñecerse a súa repercusión positiva, o índice de lactación materna na área sanitaria de Santiago de Compostela é mellorable mediante unha política de promoción da lactación materna que adopte os criterios globais mínimos da Iniciativa da Humanización da Asistencia ao Nacemento e a Lactación (IHAN da OMS/UNICEF). Esta guía pretende difundir a normativa escrita de lactación a todo o persoal, co fin de unificar a actuación, garantir a competencia de profesionais, facilitar a continuidade na implantación de boa práctica e, en definitiva, ofrecer unha atención humanizada e de calidade.
Edición da reprodución facsimilar do exemplar conservado no ARG da Reseña de la Causa formada en el juzgado de Allariz distrito de La Coruña contra Manuel Blanco Romasanta, el hombre lobo, por varios asesinatos... publicada en 1859, xunto coa copia dixital do expediente xudicial orixinal que figura no Arquivo do Reino de Galicia.
A obra consta dun volume coa reprodución da Reseña e os estudos, e un CD coa copia da causa criminal.
Publicación que recompila o traballo realizado polo artista Joan Morey no contexto de Proxecto-Edición. A triloxía de perfomances realizadas no CGAC baixo o título "OBEY, Humillados & Ofendidos" explora temas relacionados coa práctica artística e o papel da persoa creadora, para pescudar verbo das sombras do pesimismo e do tremendo; do que reduce o ser humano á involución de estar sumido nunha impotencia aprendida.Invisibilidade e interrogación combínanse para ofrecer un proxecto fecundo en equívocos, no que aparece un artista máis digresivo ca discursivo, en consonancia coa poética da desolación que caracteriza os seus últimos traballos. A partir de intrincadas estruturas narrativas sobre a degradación, a perda e o baleiro, saltos no tempo e no espazo e reiterada desorde temporal, o que quedará é o núcleo inescrutable que transmite a súa obra: o fracaso.
Con motivo das últimas intervencións realizadas no monumento de Santa Eulalia de Bóveda, decídese facer esta publicación, na que se recolle un estudo historiográfico de Enrique Montenegro, os resultados da lectura de parametros e o levantamento topográfico da arqueóloga Rebeca Blanco-Rotea, no que se establecen as distintas fases de construción do edificio, o estudo das pinturas realizado pola restauradora Rosa Benavides e, por último, a intervención arquitectónica de César Portela no monumento e no seu contorno.
En "Compostela. Gabriele Basilico" o artista presenta a súa obra "Fuoricentro", coa que nos propón unha mirada alongada do territorio, estruturada en tres eixes, que crean os núcleos urbanos periféricos. A partir do percorrido en coche polas áreas por onde a cidade está a crecer, Basilico retratou os edificios como testemuñas mudas dun xeito de habitar o espazo.
Ferramentas básicas e pautas para a elaboración do proxecto educativo dos centros de infantil. Trátase de proporcionar un marco global que facilite unha acción coordinada e eficaz dos equipos educativos, tendo en conta a situación concreta de cada centro, a súa estrutura organizativa, análise do contexto, obxectivos e funcionamento dos centros.
Memoria da actividade desenvolvida por Galaria. Empresa Pública de Servizos Sanitarios durante o ano 2014, que inclúe actividade asistencial, consultoría e protección radiolóxica, produción de radiofármacos, xestión do servizo de cita previa telefónica "Saúde en liña", así como información sobre a estrutura organizativa, recursos humanos, actividade científica e novas tecnoloxías incorporadas á empresa.
Anuario no que se reúnen as distintas actividades e operacións estatísticas relacionadas co ámbito sociolaboral galego referido ás seguintes áreas temáticas: conciliacións individuais e colectivas, eleccións sindicais, folgas e peches patronais, infraccións na orde social, regulación de emprego, apertura de centros de traballo, empresas de traballo temporal e desprazamento transnacional de persoas traballadoras. O obxectivo final da publicación é dar unha visión global do panorama sociolaboral galego.
Publicación electrónica verbo do cambio demográfico, cada vez máis intenso e que afecta un número crecente de rexións europeas, polo que empeza a se considerarar como un risco. As consecuencias precisan afrontarse como un desafío, en especial naquelas áreas rurais desfavorecidas e periféricas.
Ferramenta de traballo dirixida ás traballadoras e aos traballadores sociais de Galicia que ten como finalidade facilitar a utilización do informe social para a área de inclusión (ISI), unificar e homoxeneizar criterios e simplificar trámites e xestións administrativas.
Principais medidas preventivas nos traballos en viñas.