Resumo dos resultados dos ensaios para avaliar o rendemento e a calidade das variedades de millo forraxeiro máis utilizadas en Galicia, así como outras que poidan resultar de interese.
Resumo dos resultados dos ensaios para avaliar o rendemento e a calidade das variedades de millo forraxeiro máis utilizadas en Galicia, así como outras que poidan resultar de interese.
Obra que analiza polo miúdo e mediante fichas o potencial aromático das variedades de vide de cultivo tradicional en Galicia, a orixe e relacións de parentesco, e os cambios que se produciron na viticultura galega nos últimos anos.
A calidade dos docentes, e polo tanto a súa formación, é un dos factores máis determinantes para a calidade dos sistemas educativos. Neste sentido, para favorecer a incorporación e permanencia de profesionais cualificados no sistema educativo parece necesario que os procesos de formación inicial, os procedementos de acceso á profesión docente e a atención á formación permanente do profesorado compartan bases centradas nunha mesma visión sobre que competencias son precisas para o mellor desenvolvemento da profesión docente. É, precisamente, nesta finalidade na que se centra primordialmente este traballo.
Tentativas críticas #3 é a última dunha serie de publicacións que recollen o contido dos debates sobre a crítica de arte en España que tiveron lugar no Centro Galego de Arte Contemporánea entre os meses de marzo e maio de 2017, están encadradas no marco máis amplo do proxecto titulado [Ex]posicións críticas. Discursos críticos na arte española, 1975-1995, comisariado por Mariano Navarro e Armando Montesinos.
Segunda dunha serie de tres publicacións que recollen o contido dos debates sobre a crítica de arte en España. Estas xornadas de debate tiveron lugar no Centro Galego de Arte Contemporánea entre os meses de marzo e maio de 2017.
Malia a escaseza de recursos técnicos e infraestruturas culturais que caracterizaba o panorama artístico galego nas décadas dos setenta, é nunha época en que os artistas galegos transitaban por vieiros próximos ao neoexpresionismo, Ignacio Pardo (Lugo, 1947) gobernouse para producir, en solitario e cos medios ao seu alcance, unha obra persoal e afastada da ortodoxia cultural. "Senescencia" é a primeira publicación monográfica sobre o traballo deste videocreador galego independente e recolle toda a súa producción desde o seu primeiro holograma ata a peza máis recente que dá título á mostra comisariada por Cristina Prego de Oliver para o Centro Galego de Arte Contemporánea.
Boletín informativo de periodicidade bimestral elaborado pola Sección de Publicacións e Estatísticas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social. Estrutúrase en varias seccións: Actualidade, Estatísticas, Alertas e Normativa, e ten como principal obxectivo informar verbo das actuacións máis salientables da Consellería no seu ámbito competencial e a información e formación das persoas usuarias.
Boletín trimestral no cal se recollen novidades e artigos de opinión en materia de responsabilidade social empresarial de Galicia.
Este relato achega os nenos e nenas ao pasado celta de Galicia a través dos ollos de Marola, unha nena que levada pola maxia e a imaxinación se ve inmersa nesa época. Neste sentido, este conto ten como obxectivo espertar a curiosidade e as gañas de saber dos nosos pequenos, así como propiciar hábitos de lectura en idades temperás.
Divinas palabras Revolution conforma o nº 3 da colección O papel do teatro, que dá cabida ás obras levadas a escena polo Centro Dramático Galego. Coeditada pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e Edicións Positivas, nesta versión de Manuel Cortés e Xron de Divinas Palabras de Valle-Inclán non veremos unha tradución directa das palabras de don Ramón sobre o escenario. Neste caso, Marigaila, Pedro, Simoniña, Marica, Tatoola, Migueliño, Candás, Laureano e Sétimo Miau son nove persoas pechadas nun programa de telerrealidade que reviven, inconscientes, o cru e duro retablo de avaricia, luxuria e morte que Valle-Inclán construíu para as súas Divinas Palabras.
Publicación anual con información estatística sobre menores en situación de desprotección e sobre adopcións. Define as distintas figuras legais que protexen a situación de risco e desamparo: garda, tutela e acollemento, sexa familiar ou residencial. Tamén define e analiza o proceso legal das adopcións, na súa dobre vertente: nacional e internacional. Por último, describe os programas de apoio ás persoas menores e ás súas familias levadas a cabo polos servizos especializados de protección da infancia.
Operación estatística extraída da información facilitada polas propias persoas interesadas sobre a concesión ou renovación dos títulos de familia numerosa entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro do ano en curso. Informa tamén sobre a normativa aplicable e os requisitos que se deben cumprir para o recoñecemento da condición de familia numerosa.