Catálogo

Amosando 1309 - 1320 de 2066

Manual formativo divulgativo das medidas básicas para a prevención dos trastornos musculoesqueléticos (TME) entre os traballadores e traballadoras do sector da conserva de atún. Achega ademais as claves da prevención íntegra de todos os axentes implicados.

Publicación periódica mensual na que se recollen novas sobre as actuacións máis salientables da Xunta de Galicia nos eidos laboral e do benestar. Acompaña a publicación unha recompilación normativa de lexislación relacionada con estes ámbitos de carácter autonómico (DOG e diarios oficiais das restantes comunidades autónomas), estatal (BOE) e comunitario (DOUE).

Publicación electrónica en liña do informe de seguimento do Plan galego das persoas maiores 2010-2013, Horizonte 2015, que dá conta das actuacións implantadas polo goberno galego en resposta á programación correspondente ao ano 2014. Este plan ten como principal finalidade lograr un meirande recoñecemento social das persoas maiores, a súa protección e a mellora dos seus recursos asistenciais.