Catálogo

Amosando 301 - 312 de 655

O boletín de información terapéutica do Servizo Galego de Saúde é un novo boletín onde se quere informar sobre novidades relevantes na terapéutica. No nº 2 do ano 2018 informamos sobre unha nova estratexia en materia de seguridade dos pacientes. O boletín "Prácticas seguras con medicamentos de uso crónico II" é unha continuación do boletín "Prácticas seguras con medicamentos de uso crónico I" para dar a coñecer a evidencia científica dispoñible (estudos, alertas de seguridade, boletíns, consensos de expertos...) sobre o risco que pode levar consigo a utilización de certos medicamentos en determinadas situación clínicas ou cando están asociados a outros medicamentos.

 

0,00 €

Esta publicación reúne os procedementos asistenciais que deben seguir os profesionais para realizar o diagnóstico e tratamento precoz da sepse nos dispositivos asistenciais do Servizo Galego de Saúde, o sistema de rexistro de datos de actividade do plan no aplicativo Vixía, a sistemática de seguimento e avaliación do plan, cos correspondentes indicadores e estándares que se pretenden alcanzar, o procedemento para a implantación do plan e a bibliografía utilizada para a súa elaboración.

Libro de preguntas e respostas arredor da doazón e os transplantes para informar a poboación e resolver as dúbidas máis frecuentes que se poden presentar sobre a doazón e o transplante de órganos e tecidos. Envíase un exemplar a cada persoa que solicita o carné de doador de órganos e tamén se distribúe nas mesas informativas e nas charlas que se imparten nos institutos aos alumnos de secundaria e ciclos formativos.


 

Memoria da actividade desenvolvida por Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios durante o ano 2017, que inclúe actividade asistencial, consultoría e protección radiolóxica, produción de radiofármacos, xestión do servizo de cita previa telefónica Saúde en liña, así como datos da estrutura organizativa, recursos humanos, actividade científica e novas tecnoloxías incorporadas á empresa, entre outros aspectos do funcionamento da organización.

 

 

O Programa de vixilancia sanitaria das zonas de baño realízase na Comunidade Autónoma de Galicia dende o ano 1983. Este programa lévase a cabo por parte de todas as comunidades autónomas coordinado polo Ministerio de Sanidade e Consumo, dende o ano 1998. Na nosa Comunidade Autónoma a temporada de baño establécese, en función das condicións climatolóxicas, dende o 1 de xuño ao 30 de setembro, se ben a primeira recollida de mostras realízase na segunda quincena de maio. As mostraxes realízanse cunha frecuencia quincenal, de tal modo que ao final da temporada téñense, polo menos, 8 controis que son os necesarios para calcular a clasificación sanitaria das zonas de baño.

O Mapa de accidentalidade 2009-2013 presenta os datos máis relevantes sobre a atención sanitaria realizada polo 061 de Galicia por mor de accidentes nas estradas na Comunidade Autónoma de Galicia no período sinalado. Inclúense os mapas sobre os accidentes de tráfico rexistrados por concellos, os sinistros con cinco ou máis feridos, a xeolocalización de accidentes nas ciudades da Coruña e Vigo, os puntos de maior concentración de sinistros e os accidentes de trafico con pacientes falecidos.

O Plan Estratéxico da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 presenta as liñas de traballo desta organización para o período 2018-2021 co obxectivo de satisfacer as necesidades sanitarias da poboación galega, a busca proactiva da integración coa estratexia do Sergas, a mellora continua e o compromiso coa excelencia na xestión, a visibilidade da organización na sociedade, a xestión eficiente de alianzas e recursos e a xestión eficiente de persoas.

Boletín informativo de periodicidade bimestral elaborado pola Sección de Publicacións e Estatísticas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social. Estrutúrase en varias seccións: Actualidade, Estatísticas, Alertas e Normativa, e ten como principal obxectivo informar verbo das actuacións máis salientables da Consellería no seu ámbito competencial e a información e formación das persoas usuarias.