Catálogo

Amosando 109 - 120 de 379

Revista de periodicidade anual que ten como obxectivo dotar o sector artesanal galego dunha canle de comunicación tanto interna -onde se dan a coñecer o traballo dos nosos artesáns e maís liñas de actuación da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño e da Dirección Xeral de Comercio-, coma externa, de cara a outros sectores de interese para a artesanía, como o turismo, a arquitectura, o deseño ou a formación.

O informe "Inserción laboral da formación para o emprego" mide os efectos das políticas formativas dende unha perspectiva do mercado de traballo. É dicir, coñecer o alcance e adecuación da oferta formativa respecto aos requirimentos da actividade económica galega.

Medidas básicas para a prevención dos TME entre os traballadores das explotacións de gando vacún (carne e leite), como resultado dun estudo biomecánico de todas as tarefas realizadas polo persoal en cada unha das zonas de traballo destas explotacións.

Publicación periódica mensual en liña na que se recollen novas sobre as actuacións máis salientables da Xunta de Galicia nos eidos laboral e do benestar. Acompaña a publicación unha recompilación normativa de lexislación relacionada con estes ámbitos de carácter autonómico (DOG e diarios oficiais das restantes comunidades autónomas), estatal (BOE) e comunitario (DOU).