Cartel coas medidas preventivas que hai que ter en conta ante as picaduras de carrachas.
Cartel coas medidas preventivas que hai que ter en conta ante as picaduras de carrachas.
Este atlas mostra o resultado da análise da información recompilada polos observadores da Unidade Técnica de Pesca de Baixura (UTPB) da Consellería do Mar no período 2000-2018 xunto coa serie histórica da actividade da frota rexistrada nas bases de datos oficiais da administración pesqueira galega.
O atlas componse de dúas seccións; a primeira está dedicada ás vinte modalidades de pesca principais utilizadas pola frota de baixura galega, a segunda sección trata sobre os recursos pesqueiros capturados pola frota nas costas de Galicia.
A Táboa Input-Output Pesca-Conserva Galegas 2019 é unha ferramenta análitica básica para o coñecemento da estrutura produtiva dos sectores da pesca, industria conserveira, marisqueo e miticultura.
Nela ponse de manifesto o peso relativo das diferentes ramas produtivas, as relacións existentes entre os diferentes sectores, os seus vínculos con outras áreas económicas, a orientación da produción cara a outros sectores, ou cara ao consumo final. Todo isto a través das matrices básicas de calquera táboa inputs-intermedios, matriz de inputs primarios, matriz demanda final e matriz de coeficientes técnicos, aos que lles engade unha matriz de intermediarios e unha composición bruta de capital fixo.
A proposta de libro en esta ocasión, seguindo a idea orixinal de tratar por separado cada un dos filos animais presentes en augas de Galicia, está dedicado aos Nemertinos. O libro trata de ofrecer unha ferramenta visual de identificación de estos animais sumamente interesantes, pero que, en xeral, son moi descoñecidos. As especies que o compoñen non presentan un valor comercial, ainda que que si un elevado valor ecolóxico, estando presentes en multitude de hábitats diferentes e moitas veces en grandes cantidades. Mediante fotografías realizadas no seu hábitat natural, as especies coñecidas en Galicia son caracterizadas de maneira detallada, o que permite que o libro poida ser de utilidade para toda persona interesada, tanto profesional como aficionada, desde biólogos, educadores cientificos, mergulladores curiosos, pescadores e ata calquera que da maneira ocasional goste de achegarse a observar as zonas intermareais.
Neste traballo revísanse as relacións entre as características do hábitat e as poboacións bentónicas, así como as técnicas dispoñibles para a restauración das características dos sedimentos para axudar a recuperar a diversidade e a produción das especies explotadas. Os resultados obtidos coa aplicación destas técnicas en Galicia amosan como as modificacións nas características dos sedimentos producen cambios na diversidade vencellados a cambios nas comunidades bentónicas.
Os platelmintos están considerados por moitos autores como os animais bilaterais máis primitivos coñecidos. As especies aquí descritas, especialmente as pertencentes á orde Polycladida non só completan o coñecemento da fauna de invertebrados de Galicia, senón que tamén da biodiversidade e distribución desta orde na súa totalidade. Moitas das novas citas teñen un carácter fortemente cosmopolita e outras considerábanse endémicas do Mediterráneo ata a data, sen esquecer a contribución ao coñecemento xeral da biodiversidade deste taxón, grazas á descrición de novas especies. Por tanto, a contribución deste libro ao coñecemento dos policládidos, en xeral e, en particular, para os da Península ibérica pódese considerar decisiva.
Este documento céntrase na redacción da Estratexia para o fomento da xestión activa das masas de frondosas en Galicia, excluíndo o castiñeiro. Esta estratexia referirase ás frondosas autóctonas, aínda que no correspondente ao fomento de especies frondosas caducifolias de alto valor consideraranse híbridos ou especies foráneas.
Revisión do ano 2022. Esta axenda naceu para identificar accións que se van desenvolver, promover ou participar desde a Axencia Galega da Industria Forestal (Xera).
O coñecemento sobre a recuperación de zonas produtivas de moluscos aínda é moi escaso e hai moita marxe para seguir adiante coa innovación e mellora; isto é especialmente certo para o caso do berberecho común. O presente documento pretende sinalar as pautas e os puntos clave, con base no nivel de coñecemento actual, que considerar no deseño e execución dun programa deste tipo. Non se trata en absoluto dun documento pechado, senón que cumprirá ir actualizándoo na medida en que se vaian abordando experiencias.
Este manual ten como finalidade desenvolver unha metodoloxía práctica para realizar a reestruturación parcelaria cunha visión máis integradora, onde a conservación da paisaxe é un valor engadido en todo o proceso.
Ao longo deste libro podemos descubrir a infraestrutura e o funcionamento da unidade helitransportada da Base O Campiño, exemplo de loita contra os incendios. O seu labor foi obxecto de recoñecemento máis alá das nosas fronteiras.
O Proxecto Lugares nace coa intención de transformar, dun xeito sostible, o espazo público no Camiño de Santiago, un dos itinerarios máis transitados e relevantes do mundo. A través dunha mirada multidisciplinaria, propón, da man da comunidade local, imaxinar e deseñar intervencións paisaxísticas e arquitectónicas sostibles, con materiais naturais e de proximidade.