Catálogo

Amosando 13 - 24 de 483
21,00 €
Entidade
Arquivo de Galicia
Lingua/s
Galego

Educando a mirada. Leccións de arte e deseño é o título da exposición obxecto deste catálogo e que o Arquivo de Galicia organizou para celebrar o Día Internacional dos Arquivos neste ano 2025. Nela exhíbese un conxunto de documentos procedentes da Escola de Debuxo da Real Sociedade Económica de Amigos do País e da Escola de Artes e Oficios desta mesma cidade que ilustran sobre a historia da formación artística en Galicia. Como complemento do catálogo, tres artigos da autoría de recoñecidos e recoñecidas profesionais proporcionan unha interesante información que axuda a contextualizar a exposición, achegando unha visión xeral da evolución dos métodos de aprendizaxe e da propia historia das escolas.


 

 

Temáticas
25,00 €

O catálogo recolle os contidos da exposición temporal A Barca de Caronte. A travesía vital de Isaac Díaz Pardo. Isaac Díaz Pardo realizou dúas grandes obras en distintas épocas sobre o relato mitolóxico da nave do barqueiro do inframundo. O tema, que insinúa a viaxe do pobo galego cara ao seu destino, evoca aquí o propio percorrido creativo do artista, que vai desde as artes plásticas ao deseño industrial. O catálogo articúlase en cinco seccións e con elas preténdese amosar esa traxectoria, desde a súa primeira etapa pictórica ata a derradeira, deseñística e industrial, pasando pola etapa de transición plástica e a do estudo e posta en práctica dos sinais que transmite a tradición e a memoria, coa creación do Laboratorio de Formas de Galicia e os seus proxectos. O catálogo inclúe textos de María Victoria Carballo-Calero Ramos, Juan Manuel Bonet Planes, Xosé Luis Axeitos, Ruy Farías Iglesias, Inmaculada Real López, Lourenzo Fernández Prieto e Antonio Río Vázquez.

Temáticas
45,00 €
Autor/a
Castiñeiras González
Manuel Antonio
Lingua/s
Castelán
Galego
Inglés

Segunda edición, corrixida e aumentada, deste libro que sintetiza nas súas páxinas a historia das peregrinacións xacobeas, desde a súa orixe ata a actualidade, destacando o carácter esencial do fenómeno xacobeo para a identidade de Occidente; ofrécenos tamén unha visión de conxunto do Primeiro Itinerario Cultural Europeo, cunha referencia sucinta á rede dos camiños xacobeos en Europa; continúa coa visión do fenómeno no ámbito peninsular, para rematar cun estudo polo miúdo dos camiños de Santiago en Galicia. O libro ilústrase con abundantes fotografías que serven de apoio ao contido puramente textual.

Número dezaseis da revista científica “Ad limina”, de carácter interdisciplinar e internacional, multilingüe, de investigacións sobre o Camiño de Santiago e o fenómeno das peregrinacións. Nesta ocasión trátase dun número monográfico titulado “Imaxinando o Camiño de Santiago: itinerarios, narracións, mitos”. A revista publica, desde 2025, dous números monográficos ao ano, cada un coa súa parte monográfica e xeral (desde 2010 ata 2024 editouse un número ao ano).

30,00 €
Autor/a
Fernández Cid
Miguel
Autor/a
Asorey
Carmen
Lingua/s
Castelán
Galego
Inglés

Catálogo da exposición Francisco Asorey. Unha recuperación necesaria. 1889-1961. Busca reunir unha selección das súas obras máis significativas, desde as obras iniciais en que deixa ver as súas primeiras eleccións estéticas ata as obras en madeira nas cales desenvolve unha iconografía de claras raíces populares e un tratamento especial da policromía, así como tamén a obra monumental, presente en toda a xeografía galega.

Temáticas
0,00 €

O manual do Curso de introdución á lingua e á cultura galegas está pensado para acompañarte no teu proceso de aprendizaxe dun xeito gradual, práctico e conectado coa realidade galega. Cada unidade integra contidos de fonética, gramática, léxico útil e cultura. Ademais, inclúense exercicios e actividades para aprender e practicar a lingua dunha forma amena e activa. Este curso está dirixido a aquelas persoas que teñan interese pola lingua galega e pola súa cultura, tanto se teñen coñecementos previos como se comezan desde cero.

18,50 €
Autor/a
Pérez
AveLina
Lingua/s
Galego

Incidencia muller pedra, de AveLina Pérez, conforma o número 20 da colección Biblioteca Dramática Galega, que integra as obras gañadoras dos premios Álvaro Cunqueiro para textos teatrais e Manuel María de literatura dramática infantil convocados pola Axencia Galega das Industrias Culturais.

Gañadora do Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais 2024, Incidencia muller pedra é un canto á liberdade do individuo, unha reflexión sobre o animal que levamos dentro, domesticado pola lei do home (ese home que perverte a natureza das cousas). A través dunha proposta dramatúrxica sinxela, baseada na acción verbal, preséntanos personaxes complexos, cheos de arestas, que convidan á reflexión a través das súas palabras e os seus silencios. Ponse en valor unha voz de muller non normativa, construída sen apelar a lugares comúns, a perspectivas ortodoxas. Mediante unha linguaxe sólida, de enorme riqueza estética, a autora tece unha historia singular e lúcida que foxe do convencional e se nos presenta coma unha construción teatral emocionante, delicada e profundamente intelixente.

Incidencia muller pedra, de AveLina Pérez, conforma ou número 20 dá colección Biblioteca Dramática Galega, que integra as obras gañadoras dous premios Álvaro Cunqueiro para textos teatrais e Manuel María de literatura dramática infantil convocados pola Axencia Galega das Industrias Culturais.

Gañadora do Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais 2024, Incidencia muller pedra é un canto á liberdade do individuo, unha reflexión sobre ou animal que levamos dentro, domesticado pola lei do home (ese home que perverte a natureza dás cousas). A través dunha proposta dramatúrxica sinxela, baseada na acción verbal, preséntanos personaxes complexos, cheos de arestas, que convidan á reflexión a través dás súas palabras e vos seus silencios. Ponse en valor unha voz de muller non normativa, construída sen apelar a lugares comúns, a perspectivas ortodoxas. Mediante unha linguaxe sólida, de enorme riqueza estética, a autora tece unha historia singular e lúcida que foxe do convencional e preséntallenos coma unha construción teatral emocionante, delicada e profundamente intelixente.

Publicación que inclúe as fotografías de Boris Savelev e texto do comisario Adan Lowe. Ampla retrospectiva do autor Boris Savelev, na que figuran obras de seis décadas da súa traxectoria nas que captura o cotián. Dende fotografías da extinta URSS ata as imaxes da actualidade en Galicia, o seu actual lugar de residencia.

Temáticas