Catálogo

Amosando 1081 - 1092 de 1444

Publicación electrónica dirixida a todos os profesionais do ámbito da nefroloxía. Nela descríbese a epidemioloxía da enfermidade renal terminal e os seus tratamentos tanto a diálise como o transplante na Vomunidade Autónoma de Galicia. Descríbense os datos correspondentes ao ano 2011 e a evoluición dos últimos anos

Documento electrónico no que se recolle o proceso de atención ao cancro de mama nos hospitais da rede sanitaria do Servizo Galego de Saúde. Nel defínense as accións a levar a cabo por cada un dos profesionais que participan nesta atención, os indicadores de avaliación, etc.

Informe anual ampliado descritivo das características dos casos de tuberculose rexistrados en Galicia no ano 2010, facendo tamén referencia á evolución desde o ano 1996 (1º ano avaliado desde a posta en marcha do Programa galego de prevención e control da tuberculose).

Publicación dirixida a técnicos e ONG que traballan no campo do VIH-sida, sobre as novas infeccións polo virus da inmunodeficiencia humana. De maneira que se informa sobre o importante cambio que se produce cando a problemática se considera desde a perspectiva da infección e non da enfermidade. E así coñecemos as características actuais da epidemia, tanto no que se refire ás persoas afectadas, prácticas de risco e distribución temporoespacial

Boletín no que se presenta o medicamento DRONEDARONA, antiarrítmico indicado no mantemento do ritmo sinusal despois de cardioversión efectiva en pacientes adultos e clinicamente estables con fibrilación auricular paroxística ou persistente, centrándose na análise de eficacia e seguridade

O manual de primeiros auxilios elaborado polo persoal sanitario da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 consta de 25 capítulos nos que a través de sinxelas explicacións indica á cidadanía como actuar no caso de atoparse ante unha situación de urxencia sanitaria.

Autor/a
Cortiñas Álvarez
Manuel
Coautor/a
Luque Suárez
Silvia
Lingua/s
Galego

O programa de vixilancia sanitaria das zonas de baño realízase na Comunidade Autónoma de Galicia dende o ano 1983. Este programa lévase a cabo por parte de todas as comunidades autónomas coordinado polo Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad, desdo o ano 1988. Na nosa comunidade a temporada de baño establécese, en función das condicións climatolóxicas, desde o 1 de xuño ao 30 de setembro, se ben a primeira recollida de mostras realízase na segunda quincena de maio. As mostraxes realízanse cunha frecuencia quincenal, de tal modo que ao final de temporada téñense, polo menos, 8 controis que son os necesarios para calcular a clasificación sanitaria das zonas de baño. Os parámetros controlados son os que indica a lexislación vixente (Real decreto 1341/2007, de 11 de outubro, sobre a xestión da calidade das augas de baño). Cos resultados obtidos en cada temporada elebórase o Informe técnico do programa de vixilancia sanitaria das zonas de baño de Galicia. A publicación é en formato electrónico. Nesta diferéncianse dous apartados, o informe e os anexos. No anexo III móstrase unha ficha de cada zona de baño incluída no programa no que se poden consultar os datos da calidade microbiolóxica das augas das zonas de baño, a estatística microbiolóxica de cada punto de mostraxe e a clasificación sanitaria final de cada unha.

Formato libro en papel e formato electrónico en pdf para poñer na web do Sergas co obxectivo de rexistrar información clínica antecedentes médicos persoais e familiares, antecedentes obstétricos, datos dos controis prenatais do actual embarazo e probas complementarias, atención ao parto e posparto co fin de que a muller posúa un documento con toda a información de interese sobre a súa xestación que lle permita ser atendida en calquera centro ante calquera urxencia pero tamén facilita a comunicación entre os distintos profesionais que atenden á muller durante o embarazo e parto. O documento leva unha segunda parte que contén información sanitaria de interese para a muller tanto sobre o embarazo, parto e puerperio como sobre a crianza, lactación materna e enlaces para ampliar a información e lograr mellorar a saúde perinatal. O nº de partos nos hospitais públicos do Servizo Galego de Saúde no 2011 foi de case 19.000 por iso se pretende realizar unha tirada de 20.000 exemplares por ano.

Publicación que recolle a actividade da oficina e dos hospitais galegos referida a doazón e transplante tanto de órganos como de tecidos. Tamén recolle os datos do programa de garantía de calidade na doazón e transplante e detállanse os centros autorizados para extracción e o implante de órganos e tecidos e os establecementos de tecidos. En canto á Oficina descríbense as actividades desenvolvidas pola mesma así como os obxectivos para o vindeiro ano.

Memoria da actividade desenvolvida ao longo do ano 2010 por Galaria, Empresa pública de Servizos Sanitarios, na que se inclúe actividade asistencial, consultoría, radiofísica e protección radiolóxica, así como información sobre estrutura organizativa, recursos humanos, actividade científica, resultados das enquisas de opinión aos pacientes e incorporación de tecnoloxías á empresa.

0,00 €

Publicación en galego para colgar, en formato PDF, na web da Consellería de Sanidade. Vai dirixida a técnicos e ONG que traballan no campo do VIH-sida, sobre as novas infeccións polo virus da inmunodeficiencia humana. De maneira que se informa sobre o importante cambio que se produce cando a problemática considérase desde a perspectiva da infección e non da enfermidade. E así coñecemos as características actuais da epidemia, tanto no que se refire ás persoas afectadas, prácticas de risco e distribución temporoespacial.