Este monográfico céntrase na recompilación da información sobre a anxélica e o tostado, as súas características e técnicas de elaboración, así como referencias históricas e literarias.
Este monográfico céntrase na recompilación da información sobre a anxélica e o tostado, as súas características e técnicas de elaboración, así como referencias históricas e literarias.
Tríptico informativo sobre novos hortos de semente de piñeiro do país e os avances de mellora xenética e silvícola que se están a producir no Centro de Investigación Forestal de Lourizán.
Tríptico informativo sobre as principais medidas de prevención, control e eliminación da planta invasora o plumeiro ou carrizo da Pampa (Cortaderia selloana)
Despregable informativo e explicativo sobre o xardín botánico do Centro de Investigación Forestal de Lourizán.
Publicación electrónica en liña que se insire dentro do proxecto de obradoiros itinerantes e excursións para o fomento de produtos frescos da pesca e da acuicultura nos campamentos xuvenís, centros escolares e actividades escolares.
Resumo dos resultados dos ensaios para avaliar o rendemento e calidade das variedades de millo forraxeiro máis utilizadas en Galicia, así como outras que poidan resultar de interese.
Folleto monográfico sobre a variedade godello, unha das máis representativas das cepas autóctonas galegas.
Plan específico de igualdade no ámbito educativo que serve de referente a todos os centros educativos, co fin de abordar a temática da coeducación e previr a violencia de xénero desde unha perspectiva estrutural, integral e transversal, no que se recollen de forma sistemática as medidas que se van desenvolver nas diferentes áreas do ámbito educativo dirixidas ao alumnado, profesorado e equipos de orientación.
Ferramenta para o desenvolvemento da saúde e o benestar no traballo.
Este proxecto expositivo fai un percorrido a través da historia, constitúe un relato de desenvolvemento, modernidade e internacionalización. A través de 65 fotografías percórrense as estacións do tren que comunicaban o Douro e o Miño. Fotografías realizadas en fototipia polo prestixioso Emilio Biel.
Boletín informativo de periodicidade bimestral elaborado pola Sección de Publicacións e Estatísticas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social. Estrutúrase en varias seccións: Actualidade, Estatísticas, Alertas e Normativa, e ten como principal obxectivo informar verbo das actuacións máis salientables da Consellería no seu ámbito competencial e a información e formación das persoas usuarias.
Documento en formato de fichas que se configura coma unha ferramenta de axuda e para dar unhas pautas básicas de actuación para evitar que eses materiais atopados de forma inesperada poidan poñer en risco as persoas traballadoras ou terceiras persoas, por descoñecemento da posible presenza de amianto ou por actuaren de maneira imprudente.