Resumo gráfico dos efectos do porco celta sobre as árbores do ensaio para medir o dano e avaliar a resistencia destas árbores ao dano.
Resumo gráfico dos efectos do porco celta sobre as árbores do ensaio para medir o dano e avaliar a resistencia destas árbores ao dano.
Esta nova monografía de datos forestais estatísticos ten unha relevancia equiparable á presentada o ano anterior, pola importancia que leva consigo a continuidade na actualización, ampliación e incorporación de series históricas dos ditos datos.
Este anuario de estatística forestal, cos datos e series históricas ata o ano 2018, é o primeiro compendio publicado en Galicia que contén exclusivamente datos estatísticos forestais.
Tríptico informativo dos ensaios silvícolas de piñeiro levados a cabo no Centro de Investigación Forestal de Lourizán para conseguir incrementar a cantidade e a calidade dos produtos forestais galegos.
Resumo do programa de mellora silvícola para o desenvolvemento dunha silvicultura avanzada e específica para o piñeiro do país mellorado.
Folla divulgadora sobre a avespa do castiñeiro (Dryocosmus kuriphilus), considerada a principal praga do castiñeiro europeo.
Esta obra presenta todos os elementos químicos coñecidos na actualidade e describe a historia do seu descubrimento, así como as súas características, comportamento, utilidade e perigosidade. Destínase ao público non familiarizado coa química, xa que ofrece unha visión lúdica do sistema periódico ao tempo que reivindica a importancia social e industrial de cada un dos elementos.
Resultados dos ensaios do Centro de Investigación Forestal de Lourizán para determinar as posibilidades do aproveitamento resineiro en Galicia para a especie Pinus pinaster Ait.
Tríptico informativo sobre as liñas de conservación, selección e mellora xenética das principais especies de cerdeiras para uso forestal.
Guía de contidos para realizar as probas de aptitude para obter por primeira vez a licenza de caza en Galicia. Inclúe cuestionarios.
Documento no que se recollen os principais riscos e medidas preventivas nos traballos de aproveitamentos forestais.
Estudo, análise, diagnose, posta en valor e divulgación do patrimonio cutural, material e inmaterial da Reserva da Biosfera Gerês-Xurés. Rutas de sendeirismo e rutas de BBT.