Catálogo

Amosando 1 - 12 de 212
Entidade
Museo de Belas Artes da Coruña
Lingua/s
Castelán
Galego

Catálogo da exposición conmemorativa do falecemento de Emilia Pardo Bazán. Recolle os fondos das doazóns e legados vinculados coa familia Pardo Bazán e relacionados directamente coa escritora. Inclúe ademais outros fondos da colección que mostran a personalidades do seu círculo privado e social dentro do ámbito da Coruña do seu tempo.

19,00 €

Catálogo con fotografías que compoñen o Gabinete Fotográfico de Constantino Rodríguez Gutiérrez, un fondo que custodia o AHP de Lugo desde 2002. Constantino Rodríguez Gutiérrez (1875-1947) formouse na Sociedad Electro-Fotográfica de Xixón e estableceuse en Lugo nos anos finais do S. XIX; traballou ata o seu pasamento. O fondo do gabinete chega ao arquivo tras o depósito de 357 placas fotográficas, maioritariamente en vidro, poucas en acetato, realizado polo seu neto Constantino Romero Ramos. Con posterioridade, o tío deste, Ángel Rodríguez López, engade ao depósito 50 placas máis, principalmente retratos dunha gran calidade artística que achega ao conxunto un alto valor testemuñal e o confire como un instrumento de traballo para o estudo e a investigación da fotografía en Lugo e Galicia.
O catálogo reproduce a totalidade das imaxes do fondo, servirá ademais de elemento de difusión deste, de instrumento de descrición para uso no centro ou a distancia.

Publicación estruturada a través da recompilación de fichas. Preséntase como un recurso de utilidade para o equipo docente encargado de poñer en marcha o Plan Proxecta, que ten como finalidade asesorar e facilitar a aprendizaxe da sexualidade por parte da nosa xuventude. Preténdese que aprendan a se coñecer, a se aceptar e a vivir a súa sexualidade dun xeito positivo e satisfactorio, e contribuír, deste xeito, ao seu pleno desenvolvemento persoal e social.

20,00 €
Entidade
Arquivo do Reino de Galicia
Lingua/s
Castelán
Galego

Catálogo da exposición Voar dende Galicia. O desenvolvemento das infraestruturas aeroportuarias en Galicia, celebrada no Arquivo do Reino de Galicia no ano 2022.

O catálogo fai un percorrido polo inicios da aviación en España e en Galicia, e a configuración (proxectos, construción) dos aeroportos e aeródromos galegos. Os documentos usados corresponden na súa maior parte ao fondo documental de Francisco Iglesias Brage, conservado no Arquivo do Reino de Galicia, con algunhas pezas doutros arquivos.

O catálogo divídese en catros grandes epígrafes:

- Os primeiros pasos: nacemento e impulso do transporte aéreo, deseño de aparatos e innovación técnica.

- Os grandes proxectos: centrado nos tres grandes aeroportos. Alvedro (A Coruña), A Lavacolla (Santiago de Compostela) e Peinador (Vigo).

- Pequenos aeródromos: nesta epígrafe recóllense documentos sobre todo do aeródromo de Rozas, en Lugo, o único que segue existindo na actualidade.

- Proxectos inacabados: os casos singulares dos proxectados aeroportos de Ferrol e A Toxa (O Grove).